O vindeiro fin de semana celebra Foz a XII Festa do Chícaro, molusco.bivalvo ó que os foráneos chaman “berberecho”, aínda que por Galicia adiante recibe tamén os nomes de croque, crica, caralleta, berberechiña, carneiro. Jorge Víctor Sueiro, prestixioso xornalista e gastrónomo, no libro “Manual do marisco”, di: “ existe a crencia de que algúns mariscos favorecen a vea amatoria dos que os comen. Poñen en situación, din; axudan a ese punto de enervamento que precede ao placer da parella humana, opinan…. No chícaro esta característica vai implícita nalgúns dos nomes galegos, xa que “crica”,”berberechiña” e incluso “caralleta” son sustantivos que afectan a zonas altamente eróxenas da muller… “. Nunca do tema falamos co experto gastrónomo, inesquecible amigo, co que tantas veces degustamos os chícaros no Cotarelo, Bar Lovento, O Lar, O Narciso, O Siso … Tras moitos anos de amizade entrañable, Sueiro finaba sendo redactor-xefe de TVE., a finais dos 80. Coruñés, casara coa beleza mindoniense Amparo Nieto.Nas nosas pescudas, non atopamos lugar onde chamen “chícaros” , o que nos fai pensar que só en Foz reciben tal nome. Pregúntase un a qué ven trocalo; por qué imos ser depredadores das nosas peculiaridades, da cultura popular, pois neste caso, trátase de algo que pertence ó acervo inmaterial, á nosa tradición, que debemos conservar, defender e espallar como algo que nos singulariza. En 1996 foi a primeira festa, organizada pola ACIA, cando aínda eran “chícaros”e respetábase a tradición herdada dos antergos..Polos anos 50/60, e por causas naturais,entraran na ría grandes cantidades destes bivalvos: foron tempos de desusada abundancia, que logo remitiu ata a práctica desaparición….Toda festa ten a súa faciana nostálxica e desta é de esperar que as “cancións de taberna”, que se prodigaban a cotío, traigan ó recordo de moitos a feliz relembranza … Seguro que o amigo “Jamones” nunca trocará o nome do seu carismático bar “ O chícaro” por “berberecho”: perdería a esencia do seu engado e a súa contribución á cultura do noso pobo. Sería unha mágoa! Graciñas, Xosé Ramón.
Suso Fernández


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



