Lugo, 21 de xaneiro de 2015.- 20 operarios e 8 máquinas da Deputación continúan traballando nas estradas provinciais para retirar a neve caída nos últimos días. Esta redución nos efectivos con respecto á xornada de onte, na que se chegou a acumular preto dun metro de neve nalgunhas estradas, débese ao intenso traballo levado a cabo polo operativo posto en marcha pola institución provincial e a lixeira melloría das condicións climatolóxicas. De feito, nos tramos afectados hoxe tan só se rexistran uns 10 ou 15 centímetros de altura de neve.
Logo de recuperar a práctica normalidade na práctica totalidade das estadas nas que onte había dificultades para circular, hoxe tan só se recomenda circular con precaución pola estrada LU-P-1303, de Seoane por Visuña a Ferramulín, no Concello de Folgoso do Courel. Os reponsables provinciais recomendan, de calquera xeito, reducir os desprazamentos ao imprescindible e, de ser posible, empregar percorridos alternativos.
Por outra banda, abriuse temporalmente ao tráfico a LU-P-4501, no Concello de Pedrafita do Cebreiro. No caso desta estrada, a neve retirada a ambas marxes da estrada acadou os tres metros de altura, polo que se agarda a resposta da Dirección General de Tráfico, acerca da necesidade de pechar novamente o tráfico esta vía.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



