Burela, 22 de xaneiro de 2015.- O Burela FS Pescados Rubén acaba de pechar o seu reforzo do mercado invernal coa chegada do internacional iraní Jafari Behroz, destacado como mellor xogador do Mundial Universitario disputado en Antequera en 2014. Na súa presentación oficial, nas instalacións de Pescados Rubén SL, a ala zurdo, procedente do Dabiri Tabriz, estivo arroupado polo presidente laranxa, Manuel Blanco, e o fundador da empresa patrocinadora, Rubén Blanco. Co dorsal 9, Behroz xa poderá debutar esta fin de semana, ante Peñíscola Bodegas Dunviro (sábado 24, 16.15 horas).
Behroz (Ardebil, 1987) mostrouse moi contento coa súa estrea en España. “Esta é a miña primeira experiencia fóra do meu país. Veño con moitas ganas de aprender do fútbol sala español e no Burela FS. Na miña decisión final non influíu o tema económico senón o proxecto deportivo”, explicou o xogador laranxa, agradecendo ademais o gran recibimento dos seus novos compañeiros, cos que xa puido compartir algunha sesión de adestramento: “Foron todos moi amables; prometo adestrar duro, espero adaptarme ben á dinámica do equipo e traballarei para axudar o máximo posible”.
Desde a entidade burelista, Manuel Blanco, destacou a chegada de Behroz como “unha grande incorporación ofensiva, unha necesidade para ampliar e darlle frescura a un cadro que non puido dispoñer de todos os seus efectivos ata o momento”, desexándolle “unha rápida adaptación para contribuír ao crecemento do equipo na segunda volta”. “O Burela FS está configurado por un gran bloque que demostrou un enorme compromiso desde o principio de tempada; a súa capacidade de sobrepoñerse ante as adversidades das lesións e a súa dedicación proporcionáronnos a nosa primeira clasificación para a Copa de España” encomiou así o presidente laranxa o traballo do conxunto mariñán na primeira volta da competición.
























A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
