O Concello de Ribadeo convoca o Concurso DESFILE ENTROIDO 2015 aberto á participación de todas as asociacións veciñais, culturais, xuvenís, colexios, persoas físicas, etc. que soliciten a inscrición. A participación implica a aceptación das bases do mesmo.
O desfile terá lugar o martes 17 de febreiro e a hora, lugar de saída e percorrido figurará na publicidade do evento, e anunciarase coa suficiente antelación para coñecemento de todos os participantes.
O concurso terá un xurado composto por 6 vogais máis dous representantes do Concello: a Concelleira de Cultura como presidenta e a técnica de Cultura como secretaria. Esta última terá dereito a voz mais non a voto. O resto dos compoñentes serán persoas a poder ser procedentes de ámbitos municipais como o asociacionismo, a cultura, a comunicación, a imaxe e o deseño etc, e serán nomeadas por Resolución de Alcaldía antes da celebración do evento.
O xurado terá en conta á hora de valorar os participantes nomeadamente calidades como o espírito do Entroido (a graza, a empatía co público, a sátira) e a creatividade e coidado no vestiario e no resto do atrezzo.
Para este concurso estabécense os seguintes premios por categorías:
CHARANGAS (sen instrumentos) : 1º premio 750 €, 2º premio 500 €, 3º premio 250 €
CONTRACHARANGAS (con instrumentos): 1º premio 500 €, 2º premio 250 €, 3º premio 100 €
CARROZAS: 1º premio 400 €, 2º premio 200 €, 3º premio 100 €
GRUPOS (mínimo 8 persoas) : 1º premio 300 €, 2º premio 200 €, 3º premio 100 €
PARELLAS: 1º premio 200 €, 2º premio 100 €, 3º premio 50 €
INDIVIDUAIS: 1º premio 150 €, 2º premio 75 €, 3º premio 40 €
Canto aos premios nas categorías infantís:
GRUPOS (mínimo 8 persoas) : 1º premio 100 €, 2º premio 75 €, 3º premio 50 €
PARELLAS: 1º premio 75 €, 2º premio 50 €, 3º premio 25 €
INDIVIDUAIS: 1º premio 70 €, 2º premio 40 €, 3º premio 20 €
As inscricións faranse no Rexistro das oficinas municipais dende o día da publicación da Resolución que aprobe as bases até o día do evento, non obstante admitirase a inscrición na mesa que se instalará para este fin na estación de autobuses o propio día do desfile, o 17 de febreiro, desde as 15.00 ás 16.30 h, e onde estará presente a persoa representante do Concello que actúa como secretaria.
Tod@s @s participantes no desfile deberán estar na súa ubicación – que decidirá a Comisión organizadora e comunicará aos participantes- 15 min. antes de comezar o desfile.
























A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



