Barreiros, 26 de xaneiro de 2015. O Concello de Barreiros ven de presentar unha nova guía turística cunha tirada de mil exemplares, que será presentada durante esta semana en FITUR. Antes, esta mesma tarde, foi presentada aos veciños e veciñas e aos hostaleiros de Barreiros no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, coa presenza dos seus autores: Roberto Díaz e Emilio Piñeiroa.
O alcalde barreirense, Alfonso Fuente Parga, anunciou que “hoxe demos a coñecer a todos os hostaleiros de Barreiros que participaron nela, e aos que non, así coma a todo o público en xeral, a nova guía de Barreiros. Levábamos uns anos que estábamos esgotando aquel material de información turística que tíñamos e queríamos facer unha guía nova que recollera todo o que hai novo no noso Concello. Agora viu a luz esa nova guía e hoxe presentouse nun acto no que estiveron presentes, Roberto Díaz e Emilio Piñeiroa, que foron os que traballaron nesa guía e na súa documentación. Na propia guía tamén hai algunha participación de José de Cora, e logo tamén está o equipo de fotografía, xa que na maioría dos casos hai unhas fotografías feitas cun drone, que da unha perspectiva distinta á que tíñamos dalgunhas praias ou zonas”.
O rexedor explicou que “para comezar fixemos unha tirada inicial de 1.000 exemplares, e despois, a medida que sexa necesario, irase reeditando. Precisamente, fixemos primeiro unha tirada pequena para que se aparece algún erro poidamos ir corrixíndoo nas próximas tiradas. Pretendemos levar este material a FITUR, sempre entendendo que traballamos en promover A Mariña lucense de forma conxunta, pero sen querer dicir isto que os alcaldes que imos a estar alí presentes non representemos ao noso Concello. Aínda que eu participe coma presidente da Mancomunidade, é certo que tamén son o alcalde de Barreiros e vou a defender os intereses de Barreiros en FITUR. Por iso, imos ter alí a guía de Barreiros para que a xente poida interesarse polo noso concello”. Alfonso Fuente Parga engadía ademais que “sempre todos os traballos deste tipo son mellorables, seguro, pero eu creo que quedou unha guía que di moito do que é Barreiros e destaca aqueles sitios do noso concello de interese turístico para visitar. Unha guía, na que calquera que a poida seguir pode ver todo o que queira de Barreiros, a onde dirixirse e todo tipo de información sobre o noso municipio”.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



