A Curva e Óscar Joyeros mantéñense na segunda e terceira posición da táboa da Liga de Veteranos de Viveiro a pesar de contar con 2 partidos menos que o líder, o Gato Pardo, que suma 36 puntos tras vencer nas 12 primeiras xornadas.
O encontro correspondente á duodécima xornada da Liga que enfrontaba ó Óscar Joyeros e A Curva, o último que se disputaría o xoves 29 de xaneiro, foi aprazado debido ó estado esbaradizo da pista.
Os resultados dos outros encontros foron:
Gato Pardo 3 – 0 Flanagans
Forum 5 – 1 Cofipesca
Juve Chavín 3 – 6 A Fonte
O Mesón 6 – 2 Temple Bar
O Recuncho 8 – 2 Mesón Lodeiro
Xornada 13
Mesón A Fonte – Óscar Joyeros: luns 2 de febreiro ás 20.30 horas.
Mesón Lodeiro – O Mesón: luns 2 de febreiro ás 21.15 horas.
A Curva – Mesón Os Arcos: luns 2 de febreiro ás 22.00 horas.
Cofipesca – Juve Chavín: xoves 5 de febreiro ás 20.30 horas.
Temple Bar – Forum: xoves 5 de febreiro ás 21.15 horas.
Flanagans – O Recuncho: xoves 5 de febreiro ás 22.00 horas.
Descansa: Gato Pardo.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
