LUGO, 6 DE FEBREIRO DE 2015.- O Senado creará unha Comisión Especial sobre explotación laboral infantil por iniciativa do senador lucense Ricardo Varela. Dita proposta, impulsada polo socialista, pretende denunciar e concienciar á sociedade sobre esta lacra que afecta, segundo datos de UNICEF, a 158 millóns de nenos en todo o mundo.
Con esta iniciativa, que foi asinada por un total de 64 senadores, e que será debatida e aprobada na sesión plenaria da Cámara Alta a vindeira semana, Ricardo Varela advirte “do drama da explotación de menores no mundo e denuncia o papel de múltiples empresas que recurren á man de obra infantil, sempre máis barata, e de gobernos e autoridades que consisten este tipo de explotación, especialmente reprobable”, afirma.
A explotación en cifras
Segundo datos de UNICEF, 1 de cada 6 anos no mundo traballa en condicións de perigo. O groso destas cifras concéntrase en determinadas zonas estratéxicas como África subsahariana, onde traballa 1 de cada 3 nenos, o que representa unha cifra de 69 millóns de menores de idade, ou Asia meridional, con 44 millóns de nenos explotados.
Por este motivo, e á vista dos datos, Ricardo Varela defende que se debe de ter en conta o avance en todo o mundo de aquelas formas máis reprobables do traballo infantil, tales como as esclavitude, a trata de persoas, a servidume por débedas, o reclutamento forzoso de nenos para ser empregados en conflitos armados, a prostitución e a pornografía, así como en todo tipo de actividades ilícitas. Neste senso, tamén apunta que, “malia que en Lugo e en Galicia os casos rexistrados son aislados, este fenómeno no nos pode ser alleo, dende unha perspectiva ética, moral e económica”, explica o senador socialista.




















O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



