Santiago, 11 de febreiro de 2015.- Os deputados mariñáns do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro e Vidal Martínez-Sierra anuncian que o plan director para a ampliación do Hospital da Costa será presentado na primeira quincena do mes de marzo. Así llo confirmou a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, no transcurso dunha reunión que mantiveron con ocasión da celebración da Sesión plenaria do Parlamento de Galicia.
Os populares explican que a empresa redactora EACSN, SL (Estudos de Arquitectos e Consultores SN), ultima o proxecto técnico que programa as actuacións e inversións a acometer no mesmo e que, neste momento, estaría practicamente concluído, “polo que, anuncian será presentado en Burela ante os profesionais e os medios na data indicada”.
Lembran tamén que o Goberno galego investiu 112.530 euros para a redacción deste proxecto técnico que establecerá as condicións nas que se acometerá estes traballos de ampliación do Hospital da Costa. A esta cantidade hai que engadir o feito de que os orzamentos da Xunta para 2015 reservan unha partida concreta de un millón de euros para iniciar esta ano as obras de ampliación.
“Falar da ampliación do Hospital da Costa é, sen lugar a dúbidas, un dos proxectos máis ambiciosos, importantes e necesarios que a Xunta ten previsto acometer na Mariña lucense”-dixo Balseiro, quen sinalou tamén que, “non podemos senon que felicitarnos polos pasos que se están dando para que A Mariña dispoña dun hospital ampliado, e moderno, para mellorar a asistencia que se lle presta a todos os cidadáns e mellorar as condicións de traballo dos profesionais”
Un compromiso dos populares coa Mariña
Os deputados populares sinalan tamén que coa presentación do Plan director verase reflectido o traballo desenvolvido polo Partido Popular da Mariña –“os únicos que creron neste proxecto”- impulsado desde todos os concellos da comarca, no Parlamento e ante a Xunta, todos os trámites necesarios “para que sexa unha realidade”.
O Hospital que merece a comarca
“Vamos a facer un gran hospital como se merece a comarca da Mariña e os seus veciños. Fronte aos que aseguraron que o PP pecharía o hospital ou o convertería nun simple ambulatorio, os feitos están aí: estamos cumprindo”-insisten desde o PP.
Nesta mesma dirección sinalan que, a maiores de avanzar do proxecto de ampliación, a Xunta, desde que o Partido Popular ten responsabilidade de goberno, o Hospital da Costa sumou novos servizos (oncoloxía, hospitalización a domicilio, unidade fixa de exploración do cancro de mama e vías rápidas para a atención de determinadas patoloxías) e equipamentos (novos ecógrafos, segunda sala de endoscopias, retinografías, renovación das estacións de anestesia, e así un longo etcétera-.

















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



