18 de febreiro de 2015.- Este proximo Domingo 22 de Febreiro arranca por terceiro ano consecutivo unha nova temporada da liga Galega da moto de campo, neste caso a cita será en Chantada. Cabe recordar que nestes momentos en Galicia a Liga e o único campeonato reglado de enduro, que ainda qe está o marxen da federación galega de motociclismo, logra en cada cita acadar unhas cifras de inscripción nunca conseguidas con anterioridade no Campeonato galego de enduro; para esta cita de Chantada levanse inscrito mais de 200 pilotos.
Outra temporada mais o Enduro Team Galipizza&Cía contará coa presencia dos seus dous pilotos habituales nestas probas e que contan xa con unha demostrada experiencia para poder acadar bos resultados, a temporada pasada 2014 lograron acabar o campionato en sendos 5ºs postos nas suas respectivas categorias, ainda que as averias e lesions non lles deixaron brilar en moitas das probas realizadas.
Na presente temporada o piloto Manuel Grandio competirá os mandos de unha Honda CRF 250R na categoria Open 4 tempos, namentras de Santi Chao o fará en unha Honda CRF 250X na categoria de Veteranos Pro.
Por outro lado a Asociación Cultural e Deportiva Viveiro Enduro no seu plan de fomento de deporte na xuventude, e que novos pilotos se animen a competir en enduro, vai facilitar os seus socios menores de 25 anos e que sexan veciños de Viveiro a posibilidade de correr as carreiras da Liga galega de Enduro con un desconto do 50% da inscripción de cada carreira a que acudan. Polo de agora a esta cita de Chantada xa temos anotado o primeiro piloto nobel, Eduard Didich , que competira na categoria Sub 21.



















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
