Foz (Lugo), 23 de febreiro de 2015.- O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, sinalou este luns a empresa Pescados Rubén como exemplo de como a innovación fai máis competitivas as empresas dos sectores tradicionais da economía galega. Conde, que visitou as instalacións da compañía en Foz, destacou a constante mellora dos procesos e produtos de Pescados Rubén, que levou á empresa a desenvolver un proxecto innovador no marco do programa Conecta Pemes que impulsa a Consellería, xunto con outras dúas empresas e a colaboración da Universidade de Vigo e Anfaco-Cecopesca.
A iniciativa na que está a participar a compañía, que mobilizará máis de 700.000 euros entre investimentos públicos e privados, permitirá mellorar a eficiencia enerxética no almacenamento e transporte do pescado refrixerado e conxelado, conseguindo grazas á cooperación entre empresas e centros de investigación importantes beneficios non só económicos senón tamén ambientais.
Na súa visita Francisco Conde destacou o carácter familiar de Pescados Rubén, unha empresa con máis de 40 anos de traxectoria que ten sabido medrar e crear emprego apostando pola innovación e a internacionalización, dous dos eixos nos que se asenta o traballo da Consellería de Economía e Industria e nos que a compañía, que exporta un 95% da súa produción de produto conxelado, ten contado co apoio da Xunta.
O programa Conecta Pemes, no que participa Pescados Rubén, enmárcase na Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3), coa que se mobilizarán en Galicia máis de 1.600 millóns de euros ata o ano 2020 en iniciativas innovadoras, e na que a industria pesqueira está moi presente, e permite camiñar cara a Fábrica Intelixente e a Industria 4.0 que impulsa a Xunta, cun sistema de xestión baseado nas TICs.





















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



