CTO. GALEGO. SÁBADO 21 DE FEBREIRO
Infantil Feminino
Fenomenal actuación de Ainara Rodríguez e Ana Vallines que lograron estar entre as 4 primeiras ata o desenlace da proba. Ainara, bronce cun tempo de 9:22 a 7 segundos da cabeza; e Ana, 4ª de Galicia a 9 segundos das primeiras.
Ademais, o EQUIPO ALEVÍN MASCULINO deparou a sorpresa da xornada ó convertirse en SUBCAMPIÓN GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS coa gran clasificación dos seus compoñentes:
Hugo Villalba – 5º – 9:22
Nicolás Álvarez – 11 – 9:34
Ayoub Khaled – 34 – 10:23
Manu Rguez. – 36 – 10:25
Samuel Debasa – 50 – 11:36
Fernando Vallines – 54 – 12:35
E para rematar brillante tamén a clasificación entre as 20 primeiras das dúas alevíns femininas do grupo: Hiba Bouyzar remataba 13ª con un tempo de 7:16 mentres a súa compañeira Carme Alonso alcanzaba a posición 17ª con un tempo de 7:26.
II XORNADA CONTROL DE MARCAS DEPUTACIÓN PROVINCIAL
O pasado domingo 22 tivo lugar en Lugo un control de probas onde acudiron os atletas cadetes e xuvenís das escolas, sobre todo os cadetes buscando marca para o Cto. Galego de Pista Cuberta Cadete que terá lugar o vindeiro sábado 28 en Riazor (A Coruña).
Conseguían marca para o galego Xana Rguez en 60 vallas (11,48) e Arabela Martínez (9,56 en 60 lisos).
Competían ademais os xuvenís Carmen López Diniz sendo 5ª en lonxitude (4,01) e 5ª en 200 lisos (31,71) así coma Eugenio Pérez (3ª serie en 60 con 8,31) e o cadete Luís López en Lonxitude (6º con 3,92)
Accederán ó Cto. Galego Cadete con marca rexistrada:
Xana Rguez. en 50 vallas e 50 lisos.
Arabela Martínez en 50 lisos.
Lidia Barreira en Triple salto e salto de altura.
Nerea Bajatierra en lanzamento de peso.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
