“O Partido Popular votou en contra da transparéncia nas axudas aos medios de comunicación” afirman os membros da Asociación de Medios en Galego, trala decisión adoptada polo Pleno do Parlamento Galego de non tomar en consideración a proposición de Lei de Publicidade Institucional, presentada pola entidade. Nove veces nos últimos seis anos prometeu o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo “a inmediata presentación da Lei de Publicidade Institucional” sen que en ningunha das ocasións cumprira a súa promesa. Esta mañá os populares rexeitaron a posibilidade de debater o asunto na Cámara autonómica.
“Vostede non ten vergonza” espetoulle a deputada do BNG Montse Prado á representante do Partido Popular Paula Prado, despois de que ésta afirmara que “ainda estamos no ecuador da lexislatura”. A parlamentaria popular indicou que a Lei presentada esta mañá “non vale nin para enmendar” e afirmou que se trata dunha mera copia da lei estatal (29/2005 de 29 de decembro) para máis adiante sinalar que outros artigos eran iguais que o proxecto de lei presentado no seu día polo goberno bipartito.
“O PP predicamoito de transparencia pero logo ven aquí e se opon a debater as axudas a medios de comunicación” salientou a deputada nacionalista, para logo concluir que “vostedes non queren regular este tema porque están cómodos na opacidade”. O BNG presentou a proposición de lei, atendendo ao texto que a Asociación de Medios en Galego lle fixo chegar á totalidade dos grupos parlamentarios.
Xavier Ron (Alternativa Galega de Esquerdas) tamén respaldou a toma en consideración do texto, cifrando en “10 millóns de euros anuais” os cartos que a Xunta de Galicia destina aos medios de comunicación. “Hai que regular este tema para romper e vencer o uso partidista dos recursos públicos, algo que roza a prevaricación” salientou Ron.
Beatriz Sestayo (PSdeG PSOE) apoiou igualmente a iniciativa suliñando que a “política mordaza do PP, nega a moitos sectores sociais o acceso aos medios públicos”. “O goberno popular susténtase na mentira e a democracia está secuestrada” manifestou a parlamentaria ferrolana.
A deputada de Cerna Consuelo Martínez sumouse á toma en consideración da Lei, acusando á Xunta de Galicia de “permitir e incluso provocar o peche de medios de comunicación en galego”.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



