O 8 do actual celébrase o “ Día da Muller Traballadora”, efeméride que pon de relevo o papel désta como axente de riqueza e benestar. Hai quen están en contra da xornada; din que terían que ser tódolos días do ano, e non lles falta razón. Pero aínda que a femia non fose discriminada; que os condicionantes sociais, laborais e de todo orde, foran iguais ós dos conxéneres ; que o respecto e consideración á persoa, ou que a igualdade de oportunidades fosen as mesmas, por enriba de todo ísto, sería merecente do Día. A muller, a secas, sen adxetivos, porque o seu papel transcende a todo o que pode contificarse. O concepto de traballo mudou cós tempos. Gardamos un exemplar de “Vida Gallega”, de 1918, que na portada amosa unha estampa na que, dende a eira da casa, a familia labrega ouserva cómo ó lonxe pasa pola estrada un home puxando por un carro. O rapaz pregunta: -¿Quén será?’… e o pai resposta :– ¿E quén ha de ser?. Un lacazán, que por preguiceiro anda polos camiños tirando dun carro, vendendo lenzos, agullas e outras cousas, suando coma un touro,¡todo por non traballar!
Naquela sociedade, netamente campesiña,todo o que non fose o traballo na terra, non era traballar. ¡Daí que o home, que suaba coma un touro polo esforzo realizado, fora un lampantín folgazán!. A evolución hacia unha sociedade industrializada; a demanda no eido dos servizos sociais e outras consideracións, abriron un abano de infinitos posibles laborais; e aí están as mulleres, gañándose a pulso postos de liderago, que se afianzará, se temos en conta, por exemplo, que no eido académico, as mulleres son mais brillantes, mais responsables, e social e culturalmente, mais activas e emprendedoras. Nada que ver coas circunstancias que en 1841 fixeran que Concepción Arenal tivera que vestirse de home para asistir á Universidade. Dixo o poeta: “ No sé cuál es tu nombre / ni si eres linda o fea;/ mas deja que tus pies alfombre,/ que para honrarla el hombre,/ bástale a la mujer que mujer sea…”.
Desexamos ás traballadoras; ou sexa, ás mulleres, saúde e felicidade. Parabéns!.
Suso Fernández.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



