O mércores 11 de marzo de 2015, ás 00.00 horas, arrincará o autobús dos soños laranxas. Tras numerosos destinos e miles de quilómetros realizados, o autocar diríxese por primeira vez na historia do CD Burela FS Pescados Rubén á Copa de España. Un novo fito histórico da entidade mariñá que representará a Galicia en Cidade Real, sé da Copa de España 2015 que contará cun escenario excepcional, o Quixote Area.
O Burela Pescados Rubén parte á Copa cun plan para derrocar ao todopoderoso Inter Movistar. Ademais de acharse en terreo de fazañas quixotescas tamén contará con “Neo” que, do mesmo xeito que os castrexos laranxas, sacará a relucir as súas mellores galas e prestacións para esta emocionante e anhelada aventura. O “Neoplan”, propiedade da empresa mindoniense de transportes Autos Morán S.A, portará os emblemas de Deporte Galego e a forza unha Galicia Saudable que animará aos galaicos. Para tan esperada e extraordinaria ocasión tamén lucirá, entre outros, o logo da desexada Copa de España. “Neo” transportará aos elixidos para a fazaña do Quixote Area, e os designados para o reto en Cidade Real son: Edu, Álex, Erik, Jorge Bellvert, Iago Míguez, Behroz, Miguel, Carlitos, Antoñito, Renato, Ángel, Matamoros, Chano e Helder. O técnico burelés, Juanlu Alonso, non poderá contar con Isi, baixa por unha luxación de ombreiro, e o capitán burelés Edu únicamente participará en caso de extrema urxencia debido á súa fractura no pé esquerdo, aínda que transmitirá a súa forza ao equipo do mesmo xeito que Isi que estará presente nas gradas do Quixote Area.
Coas cámaras de Teledeporte como testemuña, o Burela Pescados Rubén afrontará o quixotesco desafío ante o Inter Movistar o xoves día 12 de marzo, a partir das 21.15 horas. En paralelo á Copa, dispútase a Minicopa infantil na que o futuro do CD Burela FS Pescados Rubén mídese tamén á escuadra interista. A súa cita é o venres día 13, ás 12.30 horas no pavillón Porta Santa María.






















Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
