Lugo, 14 de marzo de 2015.- Logo do anuncio da Deputación de Lugo de financiar con 700.000 euros a axuda a domicilio básica, a voceira do grupo provincial popular, Elena Candia, tildou de insuficiente esta cuantía e considera este anunciou un insulto aos máis necesitados da provincia.
A popular manifestou que a Deputación de Lugo continua instalada na insumisión da norma e desoíndo aos Tribunais e lembra que o Organismo Provincial negouse a abonar en torno a 10 M€ que adebeda aos 66 concellos lucenses en materia de servizos sociais.
Asemade, recorda, que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou integramente os argumentos do Organismo Provincial para incumprir cos municipios en materia de SAF.
Neste senso, Elena Candia, lembrou que socialistas e nacionalistas converteron á de Lugo na única Administración galega que non financia integramente o Servizo de Axuda no Fogar básico, prexudicando aos veciños e aos Concellos e xustamente esta falta de compromiso do Goberno bipartito na Deputación de Lugo trouxo consigo consecuencias moi negativas para os municipios da provincia, quenes se viron ata agora na obriga de asumir con recursos propios ou a través de cotas que abonan os seus usuarios o financiamento do servizo.
Aclara a voceira do GPP, que a Xunta de Galicia non discrimina a provincia lucense en materia de servizos sociais e lembra os máis de 290 millóns de euros que invertíu entre os anos 2011-2014 na provincia. Asemade tamén recorda que Gómez Besteiro é o único responsable de deixar á Lugo sen convenio de colaboración co Goberno Galego en materia de Servizos Sociais e emprego tras negarse a asinar este documento que se lle remitiu á vez que ás outras deputacións galegas.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



