CADERNOS DA VIAXE. O Goberno do Estado ven de aprobar o proxecto de lei para a reforma da lexislación procesual penal. Unha reforma totalmente limitada e continuista, que non resolve os problemas das nosas investigacións penais.
Os titulares desta reforma son a substitución do termo “imputado” por “investigado” (na liña do “argüido” do proceso penal portugués) e máis a fixación de prazos máximos para as investigacións: 6 meses para as pescudas sinxelas e 18 meses para as complexas. Estes prazos serán máis ou menos ampliábeis “á carta”, mais sempre co acordo do Ministerio Fiscal,co risco de que o Fiscal Xeral do Estado, a medio da súa potestade xerárquica, poida pechar en falso as investigacións penais de corrupción e semellantes que non lle interesen ao Goberno do Estado, sexa cál fór o que estea por quenda.
Mais o proxecto non aborda as grandes cuestións da xustiza penal no Estado español: a dotación de medios materiais e humanos e máis a atribución da instrución penal a unha Fiscalía totalmente independente do Goberno. Unha Fiscalía dirixida, en cadanseus ámbitos (autónomos entre si) por un Fiscal Xeral estatal e un Fiscal Superior de Galicia elixidos por cadanseus parlamentos por maiorías cualificadas (2/3 ou 3/5, cando menos).
Esta atribución á Fiscalía da competencia de investigación penal habería acompañar a atribución aos xuices de instrución das competencias de control xudicial do proceso, para garantir a igualdade de dereitos entre as partes (con nomeada atención á defensa e á acción popular) e que todas as medidas cautelares (fianzas, embargos, a excepcional prisión preventiva) se adoptasen por órganos independentes dos que levan a instrución. Non se pode repenicar e estar, ao tempo, na misa. Non se pode darlle pulo á investigación e, ao tempo, mirar polos dereitos dos investigados.
Canto aos medios, contamos con pouco máis da metade dos xuices que nos corresponderían dacordo cos parámetros do resto da unión Europea. E velaí o grande problema que manca a nosa xustiza penal. Ao que compre engadirlle a non cobertura de vacacións e baixas do persoal administrativo e recurtes nos demáis medios materiais, éstes xa da plena responsabilidade da Xunta de Galicia.
O problema, daquela, é de medios e de concepto. Non de amaños trapalleiros nin de propaganda.
Xoán Antón Pérez-Lema


















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



