Ao longo da historia tódalas culturas exaltaron á árbore como fonte e lección de vida, e
as mais antergas sociedades chegaron a divinízalo.A árbore reunía tódolos elementos da natureza: a auga que fluía no seu interior, a terra que se incorporaba ao corpo a través das raíces, o aire que daba vida ás follas e o lume que nacía da fricción da madeira A importancia das árbores nesta sociedade industrializada, e polo tanto ameazada polo progresivo deterioro do medio ambiente provocado pola polución e a contaminación que non rematan, a masa arbórea adequire unha maior importancia; e así, canto neste senso se faga por concienciar á cidadanía, especialmente á xente moza, será un labor digno de loubanza e aínda, para as institucións, unha obriga.
Cando o home fixo a aparición sobre o planeta Terra coñeceo a árbore. Non é posible concibir a vida humana sen a súa presencia. O home de contado decatouse de que, ademais da caza, tamén podía obter alimentos da terra, pero que era necesario traballala, para o que precisou de utensilios rudimentarios que lle permitiran labrar e plantar o que despois daría froitos. É fácil supor que a árbore ofreceulle as súas ramas e troncos xoves que usou a modo de ferramentas.
Unha das mais fermosas e delicadas loas á árbore que coñecemos é da eximia cantante lírica Teresa de Berganza: “El canto es un “árbol frondoso” plantado en las orillas del río de la vida. El árbol sabe del susurro de la corriente, del frescor de sus fuentes, de su risa en la montaña y su sonrisa en la cascada. El canto es “árbol sagrado…”.
Non son pensamentos baladís, en tempos depredadores dos irreemplazables valores da natureza. “As árbores: marmurios de séculos…”
O Día Mundial da Árbore, instituído en Suecia o ano 1840 celébrase no noso país o 21 de marzo de cada ano. A Organización Mundial da Saúde recomenda a plantación dunha árbore por cada tres habitantes, en vilas e cidades. Non o esquezamos.
Suso Fernández


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



