Lugo, 18 de marzo de 2015. As explotacións lácteas galegas están a sufrir un verdadeiro calvario como consecuencia dos baixos prezos. As empresas están a facer o seu verdadeiro agosto, están pagando o leite a prezos moi baixos, a 0,29 euros de media, e ademais cando unha empresa deixa de recoller o leite dunha explotación, esta última non vai ter ningún tipo de garantía dunha futura recollida. O sistema de contratos que se están a asignar entre explotacións e industrias, supoñen no fondo unha aceptación por parte dos gandeiros e gandeiras das condicións impostas pola industria, onde non hai ningún tipo de negociación entre as partes para conseguir unhas condicións comerciais aceptables para ambas. Os contratos supoñen unha imposición das industrias as ganderías de leite, nas cales o sector industrial impón prezos, data de pago, e a cantidade de leite que se pode vender no futuro.
Con esta situación, podemos observar como o futuro do sector lácteo vai ser deseñado polas industrias, chegando a decidir onde se vai a producir, a que prezos, que cantidade, que explotacións quedaran sen poder vendelo leite, e ademais, sempre garantindo uns beneficios empresariais, aínda que sexa a conta de apertar mais os produtores e produtoras. En datas pasadas as industrias falaban de tomar como referencia o prezo do leite en Francia, para chegar a acordos entre as partes no estado español. A dia de hoxe o prezo do leite en Francia é superior en 3 cts. o prezo que se paga en Galiza, e as industrias non din absolutamente nada. Na Galiza estamos a cobrar o prezo mais barato de todo o estado español.
Ante esta situación, observamos como ante os abusos das industrias, a administración galega mira para outro lado, deixando que reine no sector lácteo a lei da selva. Dende FRUGA reclámanos da Consellería de Medio Rural, un papel activo en todo este proceso. Resulta imprescindible que a conselleira convoque a tódolos axentes que formamos parte do sector lácteo, dende distribución, ata representantes dos produtores, sen ningún tipo de exclusión. E intentar que nestas negociacións, se cheguen a acordos que permitan cobrar o leite por encima dos custos de produción.
De non chegar a ningún tipo de acordo, por parte da Federación Rural Galega, consideramos clave un proceso de mobilización no sector lácteo galego. E participaremos en todo tipo de mobilización que de forma colectiva se convoque dende o sector produtor. Non podemos permitir que tendo unha industria culpable desta situación, a administración sexa a verdadeira responsable pola súa inacción ante un problema de tal magnitude.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



