Lugo, 24 de marzo de 2015.- A Consellería de Traballo e Benestar financiará a contratación de 47 persoas perceptoras da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA) en nove concellos da Mariña, todos aqueles que solicitaron a axuda e cumpriron os requisitos.
En concreto, poderán contratar persoal ao abeiro deste programa da Xunta os concellos de Cervo, Viveiro, Burela, Foz, Ribadeo, Ourol, Xove, O Vicedo e Barreiros.
Así o explicou hoxe a delegada territorial, Raquel Arias, que avanzou que a Consellería de Traballo e Benestar investirá na provincia de Lugo máis de 1,3 millóns de euros para que un total de 36 concellos poidan contratar a máis de 150 perceptores da RISGA.
Arias sinalou que, dado o resultado positivo do ano pasado, a consellería introduciu este ano algunhas novidades co fin de chegar ao máximo de persoas posibles. Por iso duplicouse o orzamento global destinado a esta orde de axudas e abriuse o abano de beneficiarios, ao eliminar o requisito de ter unha antigüidade de 6 meses.
Os beneficiarios, que serán contratados polos concellos, deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) e seguirán tendo preferencia aquelas persoas que estean comprometidas coa realización dun itinerario sociolaboral, así como aos que contan con cargas familiares.
Ademais, na provincia de Lugo, os contratos realizaranse polo 75% da xornada laboral –a orde recolle entre un 50 e un 75%-, para que os beneficiarios disfruten da xornada máxima que recolle a orde. Todos os contratos terán unha duración de 7 meses e deberán estar vinculados á realización de obras ou servizos de interese xeral e utilidade social, que serán decididos polos propios concellos
A Consellería, ao igual que o ano pasado, volverá sufragar o total dos custes salariais dos traballadores, incluída a cotización á Seguridade Social.
Outras iniciativas
Esta convocatoria inscríbese na aposta da Consellería por traballar a prol da inclusión activa dos colectivos máis vulnerables. Por exemplo, nesta mesma liña enmárcanse outras dúas ordes de emprego como a orde de obradoiros de emprego, que para este ano prevé unha reserva do 20% das prazas totais para os preceptores da RISGA, sempre que haxa candidatos que o fagan posible.
Pola súa banda, os Plans integrados de emprego disporán por primeira vez dunha tipoloxía de programa específico para os beneficiarios da RISGA. Neste caso, os custos subvencionables por participantes serán máis altos que nos ordinarios.
A aposta pola inclusión reflíctese non só nas ordes concretas, senón tamén a nivel normativo e de planificación. Así, en 2013, aprobouse unha nova Lei de inclusión Social de Galicia, un marco legal mellorado e actualizado que articula unha nova RISGA dividida en tres tramos para estimular e favorecer a inserción laboral. A inclusión activa é tamén un dos piares fundamentais na nova Estratexia de Inclusión Social, que se aprobou en decembro, e que contará con máis de 521 millóns de euros de orzamento e máis de 300 medidas concretas.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



