Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2015.- O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, lamentou hoxe que o respaldo do goberno galego ao reparto de pesca para a flota de cerco suporá a “ruína total” do sector galego. No debate dunha proposición non de Lei do PSdeG, Val acusou á Xunta de actuar como “marioneta” de Madrid en prexuízo do sector galego.
O responsable socialista reclamoulle ao goberno galego que recorra a proposta de reparto de pesca da xarda e do resto de especies peláxicas, solicitando “un reparto lineal e xusto baseado en criterios socioeconómicos que permitan aos barcos cerqueiros galegos acceder ao recurso en igualdade de condicións”.
Reclamoulle así á Xunta que defenda os intereses da flota galega denunciando os criterios de reparto,” é o momento de buscar un acordo , o Plan de Xestión do Cantábrico Noroeste foi declarado nulo polos tribunais e irremediablemente deberá ser reelaborado.”
Val acusou ao goberno galego de respaldar sen condicións, un reparto imposto por Madrid que prima os dereitos históricos sobre os criterios socioeconómicos, abocando á maioría de barcos galegos “á miseria e á ruína.
Sinalou que “non entendemos cómo o goberno galego non é quén de camiñar da man dun sector ferido de morte” e prefire respaldar ao goberno central en contra da flota galega. Dixo que o PP defende unha xestión do goberno “absolutamente irresponsable” mentres “intentan espallar a estratexia do medo para que o sector deixe de reclamar o cambio dos criterios de reparto”.
Instou ao PP a respaldar á xente do mar,, fixando únicamente unha posición política que permita á nosa flota traballar en igualdade de condicións que o resto da flota do Estado. Sen embargo, apoia un reparto que resulta “claramente discriminatorio para mais do 80 por cento da nosa flota do cerco”,
A situación é tan grave que 73 barcos de cerco galegos poderán pescar menos de 15.000 quilos de xarda durante todo o ano, e os mellor parados tan só acadan 60.000 quilos de xarda, fronte aos entre 120.000 e 140.000 quilogramos que lles permiten pescar aos vascos, con casos que superan os 200.000 quilogramos.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



