Lugo, 27 de marzo de 2015.- O responsable de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, mantivo na mañá deste venres no Refectorio do Museo Provincial unha xuntanza con representantes de distintos grupos e asociacións de teatro afeccionado e profesional da provincia de Lugo que participan no programa Buxiganga. Nunha reunión que se prolongou durante preto dunha hora, Outeiro, que lle entregou a cada un dos asistentes unha colección de publicacións vinculadas ao teatro, avanzoulles a planificación dunha nova edición deste programa, que como todos os anos se volverá a poñer en marcha no mes de abril.
“O programa Buxiganga ten unha gran acollida entre todos os grupos da provincia e a nós parécenos unha maneira marabillosa de apoiar o talento da xente e un factor moi importante da nosa cultura, así que manteremos a nosa aposta por este proxecto”, salientou Mario Outeiro. Na xuntanza, os participantes e o responsable provincial de Cultura intercambiaron ideas, expoñendo distintos puntos de vista e dúbidas para, na medida do posible, introducir melloras no mesmo.
Tras esta reunión levouse a cabo o acto para conmemorar o Día Mundial do Teatro. O vicepresidente provincial, o nacionalista Antonio Veiga, fixo de mestre de cerimonias presentado a Tareixa Campo, que foi a encargada de ler o Manifesto Galego polo Día Mundial do Teatro, autoría de Xurxo Borrazás.
Posteriormente, leváronse a cabo dúas representacións no propio refectorio do Museo Provincial de Lugo. En primeiro lugar, Natalia Fernández, de Espazo Artístico 10, recreo ‘A Violación de Franca Rame e Dario Fo’. Logo tomou a remuda o alumnado de 4º Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela. Dirixidos por Paloma Lugilde fixeron unha ‘Lectura dramatizada do 4º Ciclo’.
Unha vez rematado o acto, as actividades continuaron dentro do Museo Provincial con outras actuacións que tamén estiveron dirixidas por Paloma Lugilde, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e a Área de Cultura da Deputación de Lugo, que cedeu o espazo para as representacións.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



