Lugo, 27 de marzo de 2015.- A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, presentou este venres a nova programación de cursos do Centro de Innovación Social, InLugo, e inaugurou a Aula de Transmisión do Coñecemento, un novo servizo destinado aos maiores da provincia. Méndez dixo que “esta nova etapa, financiada exclusivamente con fondos da Deputación, presenta importantes novidades, xa que imos ampliar a toda a provincia os cursos e obradoiros para facilitar o uso das novas tecnoloxías a todos os maiores, independentemente do seu lugar de residencia, e poñer en marcha novos servizos, como esta aula interactiva, equipada con material informático e conexión a internet, que estará a disposición de todos os lucenses de máis de 55 anos”.
Méndez avanzou que “para o segundo trimestre deste ano o InLugo convoca preto de 700 prazas, totalmente gratuítas, en 55 cursos e obradoiros, dos que 34 se desenvolverán en 12 Concellos e 10 parroquias do municipio de Lugo. En sucesivas convocatorias estas actividades para promover o envellecemento activo entre os nosos maiores a través das novas tecnoloxías, impartiranse no resto dos Concellos da provincia”.
Os primeiros 12 Concellos
Na sede do InLugo, na rúa Frei Plácido Lemos terán lugar, entre abril e xuño deste ano, 21 cursos e obradoiros, cun total de 273 prazas. As outras 34 actividades, con 410 prazas, realizaranse en Friol, Castro de Rei, Cospeito, Meira, Pol, Guitiriz, Castroverde, O Corgo, Vilalba, Xermade, Guntín e Muras, e en 10 parroquias do Concello de Lugo. Os cursos abordarán o manexo de diversos dispositivos como o ordenador, a tablet ou o smartphone, así como conceptos básicos para manexarse por internet ou en diferentes redes sociais. Polo que se refire aos talleres, traballarán diferentes capacidades cognitivas e funcionais como a memoria, a atención, a orientación espacial ou o equilibrio co ordenador, a tablet ou as vídeoconsolas.
Xa poden realizarse as inscricións a través de www.fundaciontic.org e www.deputacionlugo.gal, ou chamando ao número de teléfono 982 225 186. Toda a información das actividades está nas devanditas webs. Os cursos teñen prazas limitadas.
Aula Transmisión do Coñecemento
Outra das novidades é a posta en marcha da Aula de Transmisión de Coñecemento con ordenadores táctiles. Segundo a responsable provincial, “ademais de facilitar o acceso e uso das novas tecnoloxías, este espazo servirá de lugar de apoio e reforzo aos maiores. Aqueles que acudiron a algúns dos cursos do InLugo poderán axudar aos demais, xa que por idade e traxectoria vital, é probable que teñan máis afinidade á hora da transmitir os seus coñecementos. Tamén contarán co apoio dun docente do centro para resolverlles calquera dúbida.
Titorías individualizadas
Lara Méndez tamén anunciou que continuarán as titorías individualizadas e o asesoramento tecnolóxico ás persoas maiores que acudan á sede do InLugo con cita previa. Esta actividade, levada a cabo en trimestres anteriores, tivo gran éxito. Preto de 100 lucenses xa se achegaron a estas titorías para recibir unha atención personalizada e resolver as súas dúbidas tecnolóxicas.
Todas estas actividades están incluídas na actuación “Promoción da Autonomía Persoal dos Maiores da Provincia” que xestiona a Fundación TIC a través dunha encomenda da Deputación con fondos exclusivamente provinciais.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



