Como cada ano, e xa van máis de 30, os compañeiros da quenda A da planta da Alúmina de San Cibrao, reuníronse na súa comida anual. O que empezou sendo unha comida da brigada de Quenda no Mesón do Poeta alá polos anos 80, aos poucos foise convertendo no que é hoxe en día: unha cita multitudinaria de camaradería e amizade dos compoñentes desta quenda da planta alumineira. Este ano asistiron 80 comensais, algúns chegados dende Vigo ou Asturias, que deron boa conta dun saboroso cocido no restaurante Bellavista da Península da Paz. Non faltou o recordo para algúns dos fundadores do grupo como Argüelles ou San José, así coma a un dos máis ilustres compoñentes da peña, neste caso Iglesias, que por problemas de saúde non puido asistir.






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



