NOTA DE PRENSA
O PP celebra o venres once unha importante asamblea.
Raquel Río e Bruno Pedre avanzan que os afiliados fixarán as liñas de actuación política para os vindeiros meses.
Os populares estudiarán unha reorganización do partido.
O PP de Burela celebrará unha importante asamblea de afiliados e simpatizantes pasado mañán, venres, na antiga biblioteca, ás oito da tarde. Esta asamblea foi convocada logo unha reunión mantida polo Comité Local do partido o pasado mércores, e que serviu para arrancar o curso político, logo do mes de Agosto, no que se refire ó Concello de Burela. Todos os acordos que se adopten xirarán en torno o traballo do partido de cara ás eleccións municipais.
Os portavoces do PP burelés, Raquel Río e Bruno Pedre, avanzaron a orde do día da asamblea. Os asistentes repasarán a situación política do concello; a este respecto, Río e Pedre reiteraron a seguridade de que o bigoberno burelés está agotado, por que os seus membros están cansados, e porque non hai proxecto para o ano e medio que queda de mandato municipal. Igualmente, as liñas maestras da actuación do Grupo Municipal e do propio partido serán fixadas pola propia asamblea, co obxectivo de traballar para volver a gobernar o concello.
Outro punto importante da orde do día da asamblea será o estudio da reorganización do partido en Burela. Raquel Río e Bruno Pedre indicaron que en concellos nos que hai parroquias, a estructura do partido tende a organizarse nese xeito. Pero en Burela non hai parroquias, pero sí colexios electorais. Polo tanto, a intención do partido é comenzar unha reorganización por barrios, para facelos coincidir cos colexios electorais.
Finalmente, a asamblea do PP preparará a presencia dos afiliados e simpatizantes de Burela na romaría popular que este ano se celebra no recinto feiral de Silleda o día 26 do presente mes. O partido poñerá autobús a disposición dos interesados en asistir.


















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



