A Coruña, 9 de abril de 2015.- O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, presidiu na mañá deste xoves na Coruña a reunión da Comisión de Seguimento do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade Escolar en centros educativos, un plan que persegue reforzar a educación, prevención e vixilancia nos centros escolares. Faino poñendo a disposición da comunidade educativa a asistencia técnica precisa para axudar a previr e abordar os episodios que poidan ameazar a convivencia escolar, así como axudando a mellorar o coñecemento dos alumnos, pais e profesores sobre os problemas de seguridade que afectan aos mozos.
Na sesión deste xoves analizáronse os resultados de aplicación deste plan no segundo trimestre do presente curso académico 2014-2015 (que se corresponde co primeiro trimestre de 2015), un período no que se beneficiaron destas estas actividades 44.382 membros da comunidade educativa en Galicia (entre pais, profesores e alumnos), incrementando en 5.800 os beneficiarios contabilizados no mesmo trimestre do ano anterior e chegando case a duplicar aos do primeiro trimestre do presente curso, polo que cada vez son máis os que se benefician das actividades enmarcadas no plan director. Así, en conxunto, no primeiro semestre do presente curso escolar participaron 71.222 membros da comunidade educativa, dos que 64.499 eran alumnos das diferentes etapas, mentres que o resto eran membros dos equipos directivos, pais/nais ou profesores/titores.
O balance provisional de aplicación do Plan Director no curso 2014-2015 bota tamén un significativo incremento de solicitudes de participación e de actividades con respecto aos cursos anteriores. Así, nos dous primeiros trimestres deste curso desenvolvéronse 1.643 actividades (663 no primeiro trimestre e 980 no segundo).
As novas tecnoloxías, o que máis interesa
Os datos evidencian que pais, profesores e alumnos manteñen o seu interese polo uso seguro das novas tecnoloxías. Do total de charlas solicitadas pola comunidade educativa neste segundo trimestre 980, a maior parte (421) inclúense nesta categoría, o mesmo que sucedeu durante o primeiro trimestre e durante o pasado curso académico, co que se consolida como a materia máis reclamada, seguida en interese polas temáticas de acoso, alcohol, drogas e violencia de xénero. Así o destacou o delegado do Goberno, quen indicou que “en cando se detecta unha preocupación concreta, se incrementan as actividades, xa sexa de seguridade ou de formación,”.
Así mesmo, o delegado informou de que no trimestre analizado se desmantelaron 4 puntos de venda de drogas próximos a centros escolares (dous na provincia de Pontevedra, un na de Lugo e outro na Coruña).
Obxectivo: mellorar a seguridade no eido escolar
O Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade Escolar é unha iniciativa do Ministerio do Interior que se executa fundamentalmente a través dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e no que tamén colaboran os ministerios de Educación, Cultura e Deportes, e outros axentes socioeducativos, así como as comunidades autónomas e a Federación Española de Municipios e Provincias, entre outras institucións. É por iso que, ademais do delegado, á reunión desta mañá asistiron: o subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán; o director da Área de Alta Inspección de Educación da Delegación do Goberno, José Antonio Gay; os responsables do plan no Corpo Nacional de Policía e Garda Civil; representantes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta; o xefe da Unidade de Coordinación de Violencia de Xénero de Galicia e as catro responsables provinciais da Unidades de Violencia de Xénero nas Subdelegacións do Goberno.
Esta colaboración materialízase fundamentalmente no desenvolvemento de charlas a alumnos, que dirixen especialistas do Corpo Nacional de Policía ou da Garda Civil (en función da localización xeográfica do centro); en reunións da comunidade educativa con expertos policiais, e no acceso permanente a un experto policial ao que consultar calquera problema relacionado coa seguridade ou convivencia no centro escolar. Así mesmo, concrétase na mellora da vixilancia do ámbito dos centros e, ademais das charlas, o Plan complétase con actividades como visitas a centros policiais, xornadas de portas abertas, exposicións e concursos.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



