A Xunta de Goberno aprobou este venres as obras de case 3 millóns de euros do Orzamento Participativo de 2015 en estradas provinciais de 16 Concellos. O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, explicou que se tratan dunhas actuacións que responden ás peticións veciñais, posto que o 15% dos cidadáns que se involucraron na elaboración do presuposto da Deputación para este ano, e que ascenden aos 55.000, solicitaron á institución luguesa investimentos en infraestruturas.
Os traballos acordados supoñen a mellora do firme con aglomerado en quente de 45 quilómetros de vías provinciais -nos que tamén se reforzará a sinalización- que discorren por Alfoz, Antas de Ulla, Baralla, Cervantes, A Pontenova, Barreiros, Ribeira de Piquín, Negueira de Muñiz, Sober, Pol, Foz, O Valadouro, Monterroso, Navia de Suarna, Lugo e O Saviñao.
Martínez destacou que “remataremos o mandato con 1.400 quilómetros da rede viaria provincial con aglomerado en quente”. O voceiro lembrou que a institución continúa coa execución do Plan de Rebacheo nas vías dos 67 Concellos lugueses e apuntou que se remataron estes traballos na metade dos municipios.
Por zonas, o investimento é o seguinte: na Mariña 826.671 euros para a mellora de preto de 14 quilómetros en estradas de Alfoz, O Valadouro, A Pontenova, Foz e Barreiros.
Proxectos aprobados
Concello de Alfoz: LU-P-0202 “de San Acisclo a Oiras” P.K. 3,650 ao 5,050; e LU-P-0210 “de San Acisclo por Allegue a San Antonio” P.K. 3,270 ao 3,910. Orzamento: 173.930 euros.
Concello do Valadouro: LU-P-6302 “de Calvario, na de Ferreira a Cangas, a Vilar, na LU-152 e Rampa a Iglesa” P.K, 0,000 ao 3,170. Orzamento: 169.078 euros.
Concello da Pontenova: LU-P-4808 “da Pontenova por Vilaouruz á N-640” P.K. 6,700 ao 9,000. Orzamento: 104.507 euros.
Concello de Foz: LU-P-2007 “de Nois por Cordido á de Eixo a Moas” P.K. 0,000 ao 4,716. Orzamento: 232.427 euros.
Concello de Barreiros: LU-P-0603 “de San Miguel de Reinante á Praia de Pasada” P.K. 0,000 ao 2,043. Orzamento: 148.729 euros.

























O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.



