Cervo, 10 de abril de 2015- A Ruta do Poldro chega este ano á súa sétima edición. Un evento que organiza a asociación Cabaleiros do Xunco coa colaboración do Concello, que xuntos presentaron o cartel e os detalles da ruta que terá lugar este domingo 12 de abril. Ao acto asistiu o alcalde, Alfonso Villares, o edil de Zona Rural, José Ramón Soto, o presidente de Cabaleiros do Xunco, Julián Otero, e outros membros da asociación.
Unha ruta na que participarán sobre 100 xinetes chegados de diferentes puntos de Galicia, de forma que se mantén estable a afluencia de edicións anteriores. Trátase dunha cita que sempre se celebra no mes de abril e que conta con moitas persoas e agrupacións habituais, que volven todos os anos.
A ruta comeza ás 1.:30 horas con saída do polígono de Cuíña en dirección a Pedrosa, Río Covo, Castelo (onde haberá un avituallamento), Gondrás, Lieiro e San Ciprián, e con remate de novo no polígono de Cuíña, onde se celebrará un xantar de convivencia.
Dende o Concello agradecen a Cabaleiros do Xunco “que poña en marcha esta actividade, porque hai que ter en conta que hai moitos xinetes que veñen doutros concellos e doutras provincias e, polo tanto, esta é unha boa oportunidade para amosarlles o noso concello” explica Soto. De feito, o percorrido é longo, de 20 quilómetros nos que “os participantes van poder coñecer e gozar da nosa paisaxe e da nosa natureza”.
Hai que recordar que esta asociación pon en marcha diversas actividades ao longo do ano, como é o caso da Feira do Gando, no mes de maio, coa que Cabaleiros do Xunco recuperou unha cita tradicional que deixara de celebrarse. Sen esquecer as exhibicións de monta e as probas de equitación que organizaron o ano pasado.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



