Vista Alegre volveu vivir de emoción e sobresaltos no último duelo irmandiño da tempada en Vista Alegre, con repartición de puntos entre Burela FS Pescados Rubén e Santiago Futsal (3-3). A escuadra de Juanlu dispuxo na recta final de dúas ocasións a porta baleira e un dobre penalti no último segundo para levar os tres puntos, sen éxito.
Os primeiros compases foron dos laranxas, que intentaron atopar algunha fenda na defensa compostelá. Superado o primeiro minuto, un balón de Antoñito, logo de superar a defensa rival, chegaba sen forza ás mans de Íker. O Santiago soubo rendibilizar as súas ocasións e sen chegar antes con perigo á meta laranxa, no minuto 5, adiantouse con Lucho ao segundo pau a pase de Borja, cun balón que lle esvarou das mans a Edu e superou timidamente a liña de meta. Parecía que os visitantes cobraban forza en ataque, aínda que sen éxito. Rozando o ecuador, Iago Míguez a punto estivo de igualar a contenda nun man a man con Íker. Logo dunha perfecta actuación de Edu baixos os paus, intentouno Behroz no minuto 12, raso de lonxe, e no 14 a pase de Isi, pero á tercerá foi a vencida. O 9 burelista rubricou o empate en galopada asistido por Miguel (minuto 14). Os reflexos de ambos os gardametas tiveron que redobrarse para evitar as embestidas rivais na recta final antes de acabar a primeira parte. O Burela FS dispuxo de numerosas ocasións para poñerse por diant, con Chano desde balón parado no 15, Miguel a pase longo de Edu no 16 e Isi, que recolleu sen éxito na área fronte a Íker o apoio de Behroz desde a banda no 19. Sobre a bucina, Edu deixou sen forza o tentativa de Quintela desde balón parado.
Os de Juanlu saíron a por todas na segunda parte. Enseguida, Antoñito materializou o 2-1, dun disparo raso axustado ao pau, ao tomar vantaxe en superioridade tras perda santiaguesa. Dispuxo o Pescados Rubén de dúas ocasións claras para o 3-1, no minuto 22, cun enredo na área compostelá que despexou o meta rival e cun balón que estrelou Chano contra o poste. Con todo, os da capital galega estiveron máis finos para facerse donos do 2-2, nun pase rápido desde portería, que finalizou Iván Rumbo tras unha serie de rexeites ante Edu. O segundo pau desbaratou o balón directo desde saque de esquina de Isi no minuto 32; volveu perdoar o Burela FS e poucos segundos despois aproveitaron os composteláns nunha perda de Miguel, con contragolpe iniciado por Quintela, que culminou Iván Rumbo contra a rede. Íker salvou aos seus do empate, cun pé prodixioso fronte a Hélder na seguinte xogada, aínda que Edu, impertérrito, tamén estivo sublime en man a man con Lucas Bolo (minuto 34) e Santi (35). Subindo de revolucións, no 36, Chano retornou as táboas ao electrónico, 3-3, de penalti, tras un saque de esquina que culminara Iago, logo da falta sinalada polos árbitros. Apostaron os de Santi Valladares con Hugo Sánchez e o xogo de cinco, a falta de 2.36 minutos para ir a polos tres puntos, ante a seriedade defensiva dos locais, que puideron poñerse por diante a porta baleira en dúas ocasións. No último segundo, un dobre penalti, coa sexta falta dos visitantes, deulles ás aos laranxas para crer na vitoria sen fortuna.
Ficha técnica
Burela FS Pescados Rubén: Edu, Iago, Chano, Carlitos, Antoñito, cinco inicial; tamén xogaron Behroz, Hélder, Isi, Miguel, Renato, Ángel
Santiago Futsal: Íker, Lucas Bolo, Pablo Tallón, Hugo Sánchez, Quintela, cinco inicial; tamén xogaron Loito, Borja, Dani M., Iván Rumbo, Santi, Galego
Goles: 0-1, minuto 5, Loito;1-1, minuto 14, Behroz; 2-1, minuto 21, Antoñito; 2-2, minuto 28, Iván Rumbo; 2-3, minuto 33, Iván Rumbo; 3-3, minuto 36, Chano (penalti)
Árbitros: Redondo Arenales // Viedma Martín (Castela e León)
Tarxetas: Por Burela amarela a Antoñito (minuto 28), Edu (minuto 21), Miguel (minuto 39), Chano. Por Santiago Futsal amarela Lucho (minuto 5), Iván Rumbo (minuto 29), Borja (minuto 31), Marcos Vara
Incidencias: Partido correspondente á xornada 28 da Primeira División da LNFS, disputado no pavillón Vista Alegre, arredor de 800 afeccionados. Corredor de ambos s equipos ao Burela FS Pescados Rubén de Primeira RFEF, proclamado campión de Copa Galicia 2015 a semana pasada nas Pontes.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
