Ribadeo, 11 de abril de 2015.- Este venres tivo lugar a primeira actividade do ciclo da AVV O Tesón “Visións do medio ambiente dende Ribadeo”, a proxección da curta vídeo documental “Desarrollo y vinculación del turismo con la conservación de la naturaleza”. Tanto no vídeo como despois na charla entre o público asistente quedaron patentes unha serie de liñas que estruturan os proxectos de éxito neste campo:
En primeiro lugar, a integración das actividades económicas entre natureza e comunidade, aproveitando os propios feitos diferenciais, a propia cultura vital, histórica, da comunidade, a carón do medio ambiente que se quere conservar e aproveitar.
En segundo lugar, unha organización cooperativa. Non ter por que estar constituída especificamente de cooperativas, senón que debe estar baseada na cooperación entre os actores integrantes, sexan cooperativas ou pequenas empresas.
En terceiro lugar, o uso de canles de difusión innovadoras. Non é necesario neste sentido ser especificamente innovadores, senón saber usar as innovacións recentes para dar difusión ó produto e achegar a variedade de actividades de posible desenvolvemento de xeito conxunto á sociedade á que vai dirixida a oferta.
Outro punto, e aquí paro, aínda que había máis, a implicación da xente nova como motor do proxecto. O apoio comunitario aporta o acervo que a xente nova pode aproveitar: non ten que por que estar soa no proxecto; xente maior tamén se pode implicar, axudar parcialmente, a horas, en particular nos estadios iniciais.
Naturalmente, unha visión acolledora dende a estrutura política é convinte, pero non se debe confundir ese apoio coa política de subvencións, que remata aplastando o futuro desenvolvemento a conta do aproveitamento particular de subvencións públicas específicas, como tamén se analizou na charla.
O documental, realizado a partir de experiencias italianas, deixaba ver de xeito nidio os factores expostos, así como outros, en calquera caso, todos aplicables ó desenvolvemento dunha actividade económica relacionada co comunitarismo e o medio ambiente, tamén na bisbarra ribadense. Foi un bo comezo da serie de tres actividades, das que a próxima será “Máis aló das Catedrais: biodiversidade en Ribadeo e arredores”, conferencia a cargo do biólogo ribadense e Master en xestión Mariña Óscar Chao Penabad, que terá lugar o sábado 18 no salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo, ás 20:00 horas.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



