Lugo, 11 de abril de 2015.- O presidente da Asociación As San Lucas de Mondoñedo, Miguel Souto, deu a coñecer na mañá deste sábado a programación das Feiras e Festas de As Quendas para este ano, que brillarán con intensidade entre o 30 de abril e o 3 de maio, a través dun amplo programa que inclúe a tradicional feira de gando cabalar xunto a actividades culturais, deportivas e musicais.
Miguel Souto asegurou que o reto da Asociación organizadora é que As Quendas sexa o mellor destino feiral e cultural. O venres día un de maio, o Campo da Feira acollerá a Gran Feira Tradicional de Gando Cabalar e durante esta edición, a organización incrementou nun 14% os premios dos que farán entrega.
O día un é o día grande das feiras e festas de As Quendas, pero a celebración xa arrinca o 30 de abril co pregón ás 20:15 horas no Auditorio Municipal Pascual Veiga, pronunciado por Patricia Martínez Paz (mellor nota de Galicia na proba de acceso á Universidade no 2014 e Premio Extraordinario de Bacharelato). Á noite actuará a orquestra Capitol e a artista revelación galega Mar Davila.
Venres 1 de maio
Souto deu a coñecer que o venres 1 de maio, ademais da Gran Feira Tradicional de Gando Cabalar As Quendas, que dará comezo ás 9:00 horas; a programación inclúe no seu día grande a actividade cultural Mondoñedo é Poesía, que convoca nesta segunda edición (tras o éxito da do 2014), a 13 poetas, tres músicos e arredor de 20 debuxantes que amosarán as súas creacións en diferentes rúas, prazas e espazos da cidade e do Auditorio Municipal.
A maiores, o día un de maio tamén terá lugar a IV Edición das Xornadas Gastronómicas da Carne de Poldro, con degustación de balde na Alameda dos Remedios, servida polo Bar Pulpería “O Bigotes”, entre as 13:00 e as 14:00 horas e as 20:00 e as 21:30 horas. Durante todo o día tamén haberá degustación de empanada nos locais de hostalería da cidade.
A xornada rematará coa actuación na Alameda das orquestras Principal e D’Moda.
Sábado 2 de maio
O sábado 2 de maio celebrase a actividade deportiva Pequebásquet, un encontro entre decenas de rapaces de toda a provincia que poderán desfrutar dunha xornada de deporte e cultura ao tempo que conviven con outros nenos e nenas. Os rapaces, segundo asegura Miguel Souto, xogarán varios partidos de baloncesto onde “o resultado non existe, pois ganar e perder é o de menos. Queremos que todos ganen”. Esta actividade dará comezo ás 11:00 horas, no pavillón de deportes.
Durante esta xornada continuará tamén a celebración das xornadas gastronómicas de carne de poldro nos bares e mesóns da cidade; e ás 17:00 horas, no recinto da Granxa, terá lugar a Exhibición e Concurso Hípico de Salto a cargo de Hípica Ecus de Lugo. Tamén as 11:30 horas, celebrarase a Ruta Cunqueiriana, guiada por Xosé Ruíz Riz, aberta a todo o público e no que se levará ao visitante polos lugares máis frecuentados polo xenial escritor mindoniense.
A música nesta xornada correrá a cargo das orquestras Salsarena e Montreal e as 21:30 horas terá lugar o concerto acústico de Kiko&Shara, no auditorio municipal Pascual Veiga. A entrada é de 10 euros e o teléfono de reservas é 665 892 419.
Domingo 3 de maio
As actividades deportivas continuarán o domingo día 3. As 8:30 horas arrincará a primeira Carreira de Montaña “A Toxiza Classic Xtreme”. O presidente da Asociación as San Lucas explica que se trata dunha carreira de montaña de 40 quilómetros de percorrido de carácter popular, con saída da praza da catedral de Mondoñedo e que percorrerá os montes máis emblemáticos da zona: A Toxiza, a reserva natural da Fragavella e a Pena da Roca.
No último día das feiras e festas de As Quendas as Xornadas Gastronómicas da Carne de Poldro tamén continuarán nos locais de hostalería mindonienses, con tapeo nos bares e mesóns da cidade con carne de poldro galego.
Por último, ás 18:00 horas terá lugar unha xornada de Xoldra Teatro no Auditorio Pascual Veiga e a mediodía a sesión vermú correrá a cargo da Orquestra Montreal.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



