Alfoz, 12 de abril de 2015.- O pasado sábado, día 11 de marzo, deron inicio en Alfoz as Segundas Olimpíadas Interparroquiais. Tocaba a Proba Cultural, con preguntas de cultura xeral de varios tipos, englobadas en tres xogos diferentes: o Un dous tres, o Trivial e o Stop. Finalmente, despois dunha competición bastante igualada, o gran gañador da proba foi a parroquia de Bacoi, con 162 puntos, seguida das parroquias de Lagoa (que fora a campioa nesta categoría o ano pasado) e Terras Altas, ambas empatadas a 161 puntos. En cuarto lugar quedou a parroquia de Mor, con 156 puntos, seguida de O Castro, con 150 puntos, Adelán, con 144 puntos, Reirado, con 142 puntos, e Carballido, con 98 puntos.
Debemos destacar que, como é habitual, hubo algunhas preguntas polémicas, como unha na que se preguntaban concellos da Mariña Lucense e unha das respostas de Lagoa foi “Abadín”. O Xurado deliberou e deuna por válida (depende de se se considera a Abadín dende o punto de vista xudicial ou administrativo), pero Lagoa, para evitar polémicas, renunciou ós puntos que lle correspondían por acertar, co cal o gañador foi Bacoi. O Xurado estivo formado por Pilar Díaz e Paz Quiroga, profesoras do Instituto Alfoz-Valadouro, Cruz Otero, Directora do Colexio Número 1 de Foz, e Lupe Flórez, profesora no Cantel de Foz e Concelleira de Cultura de Lourenzá.
O Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz fíxose pequeno para albergar a toda a xente que acudiu ó acto.
A competición continuará o vindeiro sábado día 18 coa proba de fútbol sala, na que o ano pasado gañara a parroquia de Carballido.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



