O Valadouro, 12 de abril de 2015.- O presidente provincial comezou este domingo as presentacións de candidaturas en A Mariña no concello de O Valadouro. No Hotel Viladoval e ao que asistiron o secretario xeral do PP lucense, José Manuel Balseiro, así coma outras autoridades políticas da comarca, o líder do PP de Lugo definiu a lista que encabeza José Manuel Lamela, como “unha lista estable fronte a división actual do actual equipo de Goberno local”.
Barreiro lembrou o traballo de mercader político que levou a cabo neste concello o secretario Xeral do PSdeG- PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, quen en maio de 2013 autorizou un pacto inédito entre o partido socialista e o partido independente (UNIVAL), co apoio do BNG, para desbancar da alcaldía ao daquelas rexedor, José Manuel Lamela. “ Así lles vai agora ao actual goberno local; están totalmente divididos e sen atender ás necesidades dos veciños”- manifestou Barreiro.
Pola súa banda, o número un dos populares en O Valadouro, dixo afrontar por segunda vez o reto de ser alcalde con moita seriedade e para iso, elaborou unha lista de persoas honestas para recuperar á alcaldía e rematar así con todos os proxectos que puxo en marcha cando era alcalde.
Convencido de que O Valadouro precisa saír do caos no que está inmerso, Lamela e o seu equipo, comprométense a devolverlle aos veciños o que se merecen e que non reciben dende fai case dous anos. “Eles non poden ser os prexudicados nin teñen por que soportar as continuas liortas e enfrontamentos deste desgoberno”- manifestou .
CANDIDATURA PP O VALADOURO
José Manuel Lamela Piñeiro
Rocio Blanco Pliego
Cesáreo Seara Valmayor
Eva Daura Sánchez
Teresa Galdo García
José Souto Souto
Prudencio Cuba Cuba
María José Vázquez Rodríguez
Ginés Cao Rivera
Margarita Fernández González
José María Paleo Rejes
SUPLENTES
Luis Campo Diaz
Edgar Cao López
Alicia Paz Ratoeira
María Mar Yáñez Hermida

















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



