O ano pasado a Asociación Cultural A Pomba do Arco traía a Foz o grupo de teatro Ollomao despois de ter paseado por toda Galiza a obra ‘Os vellos non deben namorarse’. E, este ano, a mesma asociación quere que Foz volva a disfrutar do teatro de Ollomao. Polo tanto, este sábado ás 18.00 horas na sala Bahía de Foz, o grupo de teatro da asociación cultural Ollomao representará a súa derradeira obra ‘Oé, Oé, Oé’.
‘Oé, Oé, Oé’ é unha de teatro escrita por Maxi Rodríguez que se está a representar en toda Europa con gran número de asistentes. Foi estreada en Asturias en 1994, sendo traducida ao galego por Roberto Vidal Bolaño e representada polo grupo “Teatro de aquí”, supoñendo un dos grandes éxitos do teatro galego. A obra de Maxi Rodríguez é readaptada e actualizada polo grupo de teatro Ollomao que nos amosa unha obra fresca e gratificante.
‘Oé, Oé, Oé’ é unha crítica á sociedade actual a través do fútbol. Este deporte e a paixón que se crea entorno a el será a escusa que se emprega para apartar a nosa atención dos problemas cotiáns que nos afectan.
Os personaxes que aparecen en escena son familiares, tenros ademais de grotescos. Os tres buscan, tal vez sen conseguilo, escapar dunha realidade frustante que os afunde soterrando a súa amargura no mundo do fútbol.
A Pomba do Arco comprácelle traer a Foz esta obra de teatro , que este sábado se estreará ás 18 horas na sala Bahía de Foz. Actuarán en primeiro lugar o grupo de teatro infantil de Ollomao cunha obra na que poderemos comprobar como as xeracións futuras veñen pegando forte. Posteriormente poderemos disfrutar da obra, que tantos aplausos xa leva recollidos tanto pola Mariña como polo resto do estado español.
Unha boa forma de pasar unha tarde disfrutando do e co teatro, todo por un módico prezo de 3 euros. Toda a recadación será destinada ao grupo de teatro Ollomao, para facer fronte aos gastos propios deste grupo de teatro.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



