Burela, 14 de abril de 2015. Academia A Mariña, centro acreditado no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, recibiu con data de 8 de abril deste ano a resolución de autorización para a impartición de accións formativas non financiadas por fondos públicos, conducentes a obtención de certificados de profesionalidade.
Segundo explica o director do centro, Ramón Hermida, “coa mirada posta no mercado laboral e valorando que, a partir do día 31 de decembro de 2015, será obrigatorio estar acreditado na cualificación profesional de “Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”, para poder traballar nestes organismos, Academia A Mariña oferta 3 certificados baixo a denominación referenciada, para ser impartidos en meses e horarios distintos. A primeira convocatoria inicíase o 11 de maio, e inclúe prácticas en empresa. O prazo de inscrición da primeira convocatoria remata o día 22 de abril. As prazas son limitadas”.
Academia A Mariña tamén impartirá unha convocatoria, que iniciará o día 11 de maio, para a obtención do certificado de profesionalidade “Atención Sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio”, acreditación tamén esixida para poder traballar na ocupación.
Hermida cre que “facer unha formación áxil para que os traballadores e demandantes de emprego manteñan o traballo, ou podan buscar vías de acceso a el, debe ser responsabilidade nosa como centro de formación profesional para o emprego. De aí estas convocatorias como adianto ás esixencias impostas polo mercado laboral”.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



