Xove, 15 de abril de 2015.- Este Domingo pasado dia 12 de Abril, o Grupo de Sendeirismo de ACD.XOVE, desprazouse ata Malpica de Bergantiños (Costa da Morte) para facer a primeira etapa da Ruta denominada “O Camiño dos Faros”.
Despois de seren recibidos polo Tenente de Alcalde do Concello de Malpica, e sacar a foto de grupo no Punto Km. 0 desta gran Ruta, sairon dende o Porto de Malpica para chegar o Faro de Nariga.
A Ruta pasa polo Cabo San Adrian, enfronte as Illas Sisargas, e percorre todo o litoral do Concello de Malpica.
O final de esta Ruta, foi no impresionante Faro Nariga. Un faro-monumento feito polo arquitecto, Cesar Portela. O entorno deste Faro está cheo de maxia, pois existen grandes formacions rochosas, das mais variadas formas.






















Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



