NOTA DE PRENSA
Veiga denuncia que a modificación sanitaria que plantexa o PP afonda na discriminación da poboación da Mariña.
O BNG solicita o mantemento da área sanitaria da Costa
coas competencias de hoxe.
A principio do mes de Xullo, a Conselleira de Sanidade anunciou en Burela a creación dunha área sanitaria única para a provincia de Lugo, o que suporá a supresión da área norte de saúde, que abarca A Mariña, e a centralización da xestión hospitalaria en Lugo. As declaracións da Sra. Pilar Farjas provocaron unha grande preocupación na Comarca pois ao Hospital da Costa están asignados aproximadamente 72.000 persoas, distribuídos en 14 Concellos, que pasarían a ter como primeiro hospital de referencia ao Hospital de Lugo, a uns 100 Km do Burela e uns noventa minutos de desprazamento en coche. A maior afondamento a Xerente do Sergas, Rocío Mosquera, non dubidou en equiparar a área sanitaria como “unha integración de hospitais”.
Malia que a Consellaría non concretou o alcance desta proposta máis aló de consideracións xenéricas como “aumentar a eficiencia e a eficacia” ou “o reforzo de novas estratexias organizativas”ou precisamente por esa falla de concreción dados os antecedentes históricos que existen nesta área sanitaria, o que alarma o BNG, posto que suporía unha merma importante dos servizos sanitarios ofertados así como da calidade dos existentes.
A xuízo do Bloque Nacionalista Galego as consecuencias para a sanidade pública atinxirían tanto aos usuarios como aos profesionais sanitarios e a groso modo resúmese nos seguintes aspectos:
a)Unha xerencia ubicada na cidade de Lugo, quer pola distancia física, quer pola distancia da Mariña coa capital da provincia, implicaría unha dificultade para o acceso á mesma e descoñecemento de moitos problemas e eivas cotiás que xurdisen nos centros da actual area da Costa.
b)Unha xerencia ubicada en Lugo podería pór en cuestión investimentos previstos tanto nos centros de saúde como no propio Hospital da Costa. Neste sentido na Comarca da Mariña observase con preocupación que este novo modelo poña en risco a ampliación do Hospital da Costa, a implantación de novos servizos e especialidades así como a supresión de dotación no centro de saúde.
c)Unha xerencia única coa súa ubicación en Lugo e diante da escaseza de certos profesionais de certas especialidades médicas, implicaría desprazamentos constantes da poboación actual da área da costa á cidade. Tendo en conta a distancia xa sinalada, a situación das comunicacións, o tempo de viaxe e ausencia dun transporte público axeitado, eses desprazamentos implicarían unha grande perda da calidade de vida para a poboación afectada alén de teren que asumir os gastos de desprazamento e, no seu caso, de hospedaxe os propios usuarios o que supón unha discriminación con respecto a poboación doutras zonas.
d)A supresión da área sanitaria da Costa implicaría para os/as profesionais da saúde ter que optar a traballar en toda a provincia. Para o persoal eventual, tendo que inscribirse nas listas de contratación provinciais e tendo que aceptar contratos a máis de 100 Km do seu domicilio, baixo a amenza de penalización. Para o persoal fixo que accedera ao seu posto despois da publicación do Estatuto Marco e en base a mobilidade funcional, tendo enriba a espada de Damocles dun traslado forzoso a calquera lugar da provincia en calquera momento.
Por todos estes motivos, a supresión da área sanitaria da Costa, significaría ao ver do Bloque Nacionalista Galego unha merma na calidade asistencial que se lle presta á poboación da Mariña e non pode consumarse porque sería avanzar na desmantelamento de servizos da Mariña, particularmente nunha cuestión central como é a atención sanitaria. Xa por último Antonio Veiga considera que esta proposta do PP vai na liña de desmantelamento dos servizos públicos en coherencia cos políticas neoliberais do PP que foron os que a provocaron a actual crise económica.
Asemade segundo o Portavoz nacionalista o que fai e afondar no aumento da desigualdade entre os veciños de Lugo, posto que en función do lugar de residencia, críanse cidadáns de primeira e cidadás de segunda. Continua Veiga afirmando” que as consecuencias no emprego e na atención aos pacientes poden ser demoledoras” polo que agarda que a Consellaría de Sanidade de marcha atrás no anuncio da Conselleira se ben a mesma proposta xa foi formulada por Pilar Farjas no Salnés, no Barco, en Monforte e na Barbanza. Na mesma liña desde o BNG agardase un posicionamento claro do conxunto das forzas sociais e políticas da Mariña para evitar que se consume unha decisión que volvería a efectos prácticos ao noso sistema sanitario a principios dos anos oitenta.

















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



