Barreiros, 17 de abril de 2015.- As Xornadas de Historia Local de Barreiros acadan a súa terceira edición cunha mesa redonda na cal se conversará sobre o pasado e presente da educación. Para a ocasión, os Colexios Vellos de San Miguel de Reinante contarán coa presenza de Antón Costa Rico, Catedrático da Historia da Educación na USC que tén abondado no estudo da relación entre o rural e a educación, así como a importancia das escolas unitarias e aquelas que foran creadas cos cartos procedentes da emigración ás Américas. Precisamente, aportacións grazas ás cales foron tamén construídos os Colexios Vellos de San Miguel e onde casualmente, Antón Costa foi alumno hai arredor de 50 anos cando cursaba os estudos primarios.
Nesta sesión, ademais de abordar a historia barreirense no que respecta ao ensino no rural, participará Yolanda Neira, directora do Centro Rural Agrupado de Boqueixón. Mostrará a experiencia do que é unha escola unitaria a día de hoxe, a importancia que tén para o territorio o feito de que as nenas e nenos teñan a oportunidade de aprender no seu lugar de procedencia e residencia, e qué supón para a integración territorial e vitalidade dos núcleos rurais. Unha ensinanza que permite estar conectada co mundo sen perder a vinculación co territorio.
E finalmente, Xesús Rodríguez Rodríguez, profesor na Facultade de Educación da USC presentará o documental
“Lembranzas dunha escola unitaria” de Cabreiros (Xermade). Unha reportaxe realizada pola Asociación de Veciños
de Cabreiros, na cal se recrea a historia da escola, os contratempos á hora da súa construcción acordando aportar
un carro de pedra por cada casa veciña para poder levala a cabo, e tamén o que supuxo para a veciñanza aquela
irrupción dun novo modelo educativo. Xesús Rodríguez estará acompañado por Manuela Vilaboy e Laura Cabarcos, participantes no vídeo e profesionais tamén da educación.
Entrega dos diplomas da segunda promoción da Universidade Rural de Barreiros
Aproveitando a ocasión, dado que a temática das xornadas deste domingo é arredor da importancia e características de “aprender no rural”, Ollomao fará entrega dos diplomas ás alumnas e alumnos da II edición da Universidade Rural de Barreiros. A iniciativa pioneira que comezou a andar no outono de 2013, camiña xa cara a súa terceira edición, prevista para inicio á volta do verán e na cal haberá entre outras novidades un curso sobre “Turismo e Desenvolvemento Local” e un segundo curso de “Dereito”.
Ollomao convida a asistir a todas as persoas interesadas, sendo unha cita aberta a calquera que desexe tomar
parte.






















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



