Ao igual que nos últimos tres anos, Lugo volverá ser o centro de referencia da cultura dixital e as redes sociais coa celebración do que xa se ten convertido no encontro máis importante de Galicia e un dos máis destacados a nivel nacional: o Congreso #INLUGO15, un foro gratuíto e para todos os públicos, que terá lugar no Pazo de San Marcos os días 8 e 9 de maio.
A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, acompañada polo Director de Fondos Europeos da Deputación, Pablo Rivera, presentou hoxe a terceira edición deste encontro nacido co obxectivo de fomentar o uso da rede e das novas tecnoloxías entre todos os sectores da poboación e reflexionar sobre o papel das mesmas na sociedade actual. Tal e como destacou Méndez, “a Deputación leva oito anos apostando polas TIC como elemento motor de desenvolvemento, e un encontro tecnolóxico das características deste é, ademais, un escaparate de excepción para a promoción económica e turística da provincia e Galicia”.
De feito, o #INLUGO vén conseguindo en cada edición ser trending topic en Twitter, o que supón unha gran proxección da provincia e do talento lucense. Coma é habitual, o congreso contará cunha ampla programación, con actividades como relatorios, debates e poñencias nas que personalidades e reputados expertos avaliarán os cambios de hábitos, mentalidades, formas de comunicación e estilos de vida que está provocando Internet na sociedade dos nosos días, etc., dende puntos de vista como a seguridade dixital, o dereito na rede, o márketing online ou o éxito dos novos medios xurdidos ao seu abeiro.
Elenco de luxo
A terceira edición do #INLUGO contará con destacados expertos e figuras relevantes da rede que compartirán nesta cita os seus coñecementos cos asistentes. A Deputación de Lugo recibirá, por exemplo, a Ignacio Escolar, exdirector do diario Público e na actualidade director dun xornal dixital referente en España, @eldiarioes, que será o encargado de abrir o evento. Na conferencia compartirá a súa experiencia liderando un dos proxectos dixitais máis exitosos do noso país e reflexionará sobre os desafíos que afrontan os medios nun panorama de comunicación completamente novo.
Outros nomes destacados serán David Varona (@davarona), redactor xefe de proxecto, participación e social media en RTVE; David Lombao (@davidlombao), director do xornal dixital Praza Pública; Andrés Milleiro (@juanmilleiro), director de Social Media de NH Group; ou Víctor Tasende (@victortasende), deportista, blogueiro e protagonista dunha asombrosa historia de superación. O cadro de relatores irase ampliando ata completar unha listaxe de preto de 30 nomes, cuxo perfil e traxectoria irase desvelando nos vindeiros días na páxina web oficial (inlugo.com) e as redes sociais do evento, Facebook (facebook.com/CongresoInLugo) e Twitter (twitter.com/in_lugo).
Propostas de Lugo para o mundo
Como xa é tradición, tampouco faltará a presentación de empresas, iniciativas e proxectos relacionados coa rede que se están a levar a cabo na nosa provincia e que triunfan grazas aos medios sociais. Polo Salón de Actos do Pazo de San Marcos pasarán Idoia Cuesta, artesá vasca establecida na provincia que vén de recibir o Premio Nacional de Artesanía; e varios proxectos lucenses máis.
Terceira edición dos premios #inlugo15
Como peche ao congreso realizarase a tradicional entrega dos Premios INLUGO. Nacidos coa intención de recoñecer o labor e o empeño posto por empresas e proxectos lucenses no ámbito dixital, conta con catro categorías: Comercio, Ocio e Restauración; Educación e Formación; Cultura e Acción Social; e Tecnoloxía.
Todos os interesados en participar nestes Premios deberán presentar as súas candidaturas a partir do xoves, 23 de abril, ata o vindeiro 5 de maio ás 20:00 horas na páxina web inlugo.com. Unha vez finalizado este prazo, un xurado técnico será o encargado de valorar as candidaturas recibidas e elixir o gañador de cada categoría. A cerimonia de entrega dos galardóns celebrarase ás 19.30 horas do 9 de maio.
Como inscribirse no #INLUGO15
A inscrición será, coma sempre, gratuíta e o prazo arrincará o 21 de abril, a partir das 10.00 horas. Todos os interesados poderán conseguir a súa entrada en www.inlugo.com ou www.deputacionlugo.gal. O aforo está limitado a 200 persoas, polo que as entradas se formalizarán por rigorosa orde de inscrición. O desenvolvemento destas xornadas tamén poderá ser seguido, ao igual que nas anteriores edicións, a través das redes sociais co hashtag #inlugo15 e en directo, vía streaming, grazas ao traballo dos alumnos da Fundación TIC en www.deputacionlugo.gal.
O programa oficial, as presentacións de cada un dos protagonistas e todas as novidades que se vaian dando a coñecer estarán dispoñibles nas webs www.inlugo.com e www.deputacionlugo.org, así como en Twitter (@in_lugo) e en Facebook (https://www.facebook.com/CongresoInLugo).






















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



