A oficialidade do galego continúa a ser posta en cuestión, desta vez por ducias de Xuntas Electorais de diferentes zonas e provincias galegas que están a publicar estes días anuncios nos diferentes Boletíns Oficiais das provinciais galegas con motivo das vindeiras eleccións municipais do 24 de maio.
Segundo indicou a Mesa pola Normalización Lingüística, se ben hai xuntas electorais de zona que optaron por redixiren as súas actas na lingua propia de Galiza, hai outras moitas, entre elas Xunta Electorais Provinciais que optan pola publicación exclusiva en español, deixando fóra a lingua galega.
Para A Mesa, cando levamos un terzo de século desde a aprobación da Lei de Normalización Lingüística, xa non é posíbel atribuír esta circunstancia a un simples despiste, inercia ou descoñecemento senón directamente ao desprezo polo galego, máxime se temos en conta que nunca acontece á inversa, e que ademais dispoñen de modelos en galego.
Boletín Oficial da Provincia da Coruña
A Mesa tamén criticou que o Boletín Oficial da Provincia da Coruña é o único en Galiza que opta por encabezamentos e indicacións da data en español, fronte ao galego que ademais é lingua oficial das administracións locais. Entre outras, opta por falar sempre de “Administración de Justicia” como se a xustiza só se puidese administrar en español, ou por non sinalar os días da semana en galego.
Proposta de compromiso coa lingua nos concellos
O Presidente da Mesa, Marcos Maceira, lembrou a iniciativa que a entidade en defensa da lingua lanzou en decembro a todos os partidos e candidaturas que concorren ás vindeiras eleccións municipais para que se comprometan co idioma do país, cando menos cumprindo cos mínimos acordados por unanimidade no Parlamento Galego contemplados no Plan Xeral de Normalización da Lingua galega, na Carta Europea da Linguas, e na Lei de uso do galego como lingua oficial de Galiza polas administración locais. “Facer como que o galego non existe, como fan demasiadas Xuntas Electorais ou como fai a Deputación da Coruña en partes fundamentais do BOP, mantén o galego nunha situación de desprestixio e invisibilidade que afortala o proceso de substitución”, sinalou o presidente da Mesa para engadir que “ non podemos consentir que a oficialidade do galego non pase de ser na práctica un elemento decorativo” e que “por iso precisamos que os acordos de tornen en accións concretas en todos os campos, nomeadamente no municipal, tan achegado á cidadanía e con enormes retrocesos nos últimos anos”.
Ligazón á proposta de compromiso coa lingua nos concellos:
http://www.amesa.gal/compromiso-de-aplicacion-plan-xeral-de-normalizacion-da-lingua-galega-nos-concellos-e-deputacions/
http://www.amesa.gal/?p=21099.






















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



