O Frutas Jose Viveiro FSF impuxose por 3 – 1 ó CFS A Pastoriza no encontro que pechaba a liga provincial feminina de fútbol sala. Con esta vitoria o Viveiro pecha a tempada quinto na táboa clasificatoria con 9 vitorias e 9 derrotas, o que supón o seu mellor resultado deportivo dende que participa nesta competición. E todo pese ás importantes baixas de xogadoras sufridas con respeto a tempadas anteriores, pero que foron perfectamente cubertas polas novas xogadoras que o ano pasado competiron na liga autonómica cadete.
Viveiro: Laura, Nerea, Marta, Mery, Bea. Tamén xogaron.: Andrea, Rosana, Anna e Nuria
CFS A Pastoriza: Silvia, Sara, Sandra, Nerea, Noelia. Tamén xogaron: Mirian, Rocio, Cristina e Jenifer.
1-0 Marta
2-0 Anna
2-1 Mirian
3-1 Nerea
O Frutas Jose Viveiro FS afrontaba o encontro coa sensible baixa de Diandra na portería, lesionada a fin de semana anterior, e a novidade baixo os paos de Laura, porteira aínda en idade cadete que xa disputara algúns minutos nalgúns partidos, pero que agora tiña a responsabilidade de defender durante todo o encontro a portería local.
O partido comezou cun Viveiro dominador en todas as facetas do xogo, ante un Pastoriza que un tanto desconcertado polo xogo das locais, que unha semana antes, na pista do Pastoriza, non amosara esa intensidade.
As ocasións máis claras eran para o Viveiro, que apenas pasaba apuros en defensa, e onde as poucas ocasións das visitantes eran ben resoltas por Laura. Pese a todo a falta de acerto cara ó gol das xogadoras locais levou a que a primeira metade rematase con empate a cero goles.
A segunda metade comezou igual que rematara a primeira, cun claro dominio local pero que esta vez si atopa premio e primeiro, por medio de Marta e logo de Anna, poñían un merecido 2-0 no marcador ante un rival desconcertado ó que o segundo gol fixo reaccionar. Así, logrou acortar diferenzas gracias a un gol de Mirian que tras un tiro dende o dentro da area, que desviou unha xogadora local, bate a Laura.
O gol fixo que as locais perderan un tanto o control do partido, o que foi aproveitado polas xogadoras do Pastoriza para por en apuros a meta local ante un Viveiro que erraba na saída do balón e tiña erros nos axustes defensivos. Pero isto non foi aproveitado polas xogadoras visitantes e Nerea subía o 3-1 ao marcador, o que levou a tranquilidade ás viveirenses que de novo se fixeron co control do encontro e non sufriron no tramo final do partido.





















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
