Barreiros, 5 de maio de 2015.- O BNG de Barreiros lamenta que a actitude do PP de Barreiros e do seu candidato impida ás veciñas e veciños disfrutar dun debate electoral público, en condicións de igualdade e no que contrastar as propostas e ideas das forzas que concorren ás vindeiras eleccións municipais.
Segundo manifestou a candidata, Ana Ermida, “o xeito de actuar do candidato do PP, Alfonso Fuente, e a súa resposta son unha falta de respecto ao resto de candidatas, á organización e ás veciñas e veciños que decidiron democraticamente plantexar un debate entre as tres forzas. O que demostra é que non sinte ningún respecto polas asociacións que, democraticamente, decidiron propoñer un debate con uns prazos e unhas normas que elas mesmas marcan, como organizadoras.”
O candidato do PP entregou a súa resposta fóra de prazo e rexeitando participar nun debate, tal e como propoñían as 23 asociacións promotoras, tratando de impoñer outro tipo de acto que lle interesa máis electoralmente. Para Ana Ermida “isto é mostra do acostumado que está a facer e desfacer o que el quere, sen que ninguén lle poña normas e sendo sempre xuíz e parte. Se non ten valor para debater, para confrontar ideas, é que non está preparado para participar na vida política, porque así é como se participa en democracia.”
“Non nos sorprende esta actitude, coñecendo como actúa nos plenos municipais. Onde só fala el e no momento en que desde a oposición facemos preguntas ou pretendemos debater algunha cuestión que non lle interesa, corta o debate e levanta a sesión. El pensa que o concello e todo o que se fai en Barreiros ten que ser cousa súa e non é consciente de que a sociedade, afortunadamente, é quen de organizarse sen tutelas nin dirixismos pola súa parte e para el iso é unha afrenta, non é quen de aceptalo”, afirma a candidata do BNG-Asembleas Abertas.
Ademais, desde o BNG-Asembleas Abertas sinalan que “Alfonso Fuente mente e retorce a realidade para xustificar a súa covardía e a súa incapacidade para afrontar este acto. Ningunha das candidatas que se enfrontarían a el neste debate o insultaron en ningún momento”, afirman.
A candidata do BNG-Asembleas Abertas recorda ademais que “Alfonso Fuente e máis eu xa temos participado nalgún debate público nunha emisora municipal de radio e sen ningún tipo de problema. Creo que calquera persoa con un mínimo de educación e de cultura democrática é capaz de debater publicamente e máis nun acto moderado por profesionais. O que lle pasa é que nesta ocasión tería que facelo diante das súas veciñas e veciños, da súa base de votantes e é consciente de que ten moito que perder e nada que gañar”, conclúe.
A candidatura do BNG a disposición das asociacións
Desde a candidatura do BNG-Asembleas Abertas, agradecen o traballo desinteresado feito polas asociacións e lamentan que outras forzas políticas non respetasen os tempos e prazos establecidos polas mesmas, incluso á hora de emitir valoracións. A formación nacionalista ten claro que o protagonismo ten que ser da sociedade e, neste caso, expresada no movemento asociativo de moi diverso ámbito que tivo esta iniciativa. Deste xeito, o BNG-Asembleas Abertas anuncia xa unha convocatoria de acto público dirixido a todas as asociacións do concello que queiran tomar parte para o propio día 15 de maio.
“Desde o BNG xa tíñamos previsto unha reunión con asociacións para recoller as súas inquedanzas e propostas, pero paralizamos a convocatoria ao coñecer esta iniciativa e entender que é moito máis interesante un acto xurdido da propia sociedade que convocado desde as organizacións políticas”, explica Ana Ermida.
“En calquera caso, e á vista de que o debate como tal non poderá ter lugar pola negativa do PP, o BNG convoca a todas as asociacións de Barreiros para o vindeiro venres, 15 de maio ás 21horas no Centro Sociocultural, para que poidan coñecer as propostas do BNG e trasladar as súas propias.”
Igualmente, a candidatura do BNG-Asembleas Abertas amosan a súa absoluta dispoñibilidade para contestar calquera cuestión que se lles plantexe desde as asociacións ou colectivos, sen ningún tipo de condición de forma ou número.


















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.



