Título moi acertado o deste libro-homenaxe adicado a Xosé Manuel Carballo Ferreiro, crego rural un chisco anticlerical, como el mesmo co súa típica retranca se definiu, e o meirande ilusionista da Terra Cha. Moi acertadas tamén as preto de 200 colaboracións de amigos seus que recolle este libro no que todos debuxan, salientan e enaltecen a polifacética personalidade deste excepcional personaxe. Retrato que, por outra parte, cabe esperar da pluma desas preto de 200 persoas que se auto postulan amigos e admiradores de Xosé Manuel. Preto de 200 retratos da súa personalidade, da diversidade profesional de que gozaba e na que destacaba, tanto no eido relixioso como no cómico-ilusionista e mesmo dramático coa fundación do teatro Valouros. Ensaios que amosan a intensa inmanencia da súa persoa da que transcenden verdadeiros valores ecuménicos e socioculturais. So iso explica que preto de 200 persoas tan dispares nos seus sentimentos, opinións, opcións relixiosas e mesmo políticas se sumen na mesma dirección e coincidan nos mesmos sentimentos, aprecio e valoración do polifacético Xosé Manuel.
Un, que por circunstancias que a vida a cada quen impón, non tivo a sorte de poder ser contado entre os que gozaron da súa proximidade e cotián relación de amizade, non puido aspirar ao privilexio de figurar entre eses amigos colaboradores do libro CERNA DE CARBALLO a el adicado. Pro, dende a distancia imposta por unha relación que, ao meu pesar, non pasou dos límites do convencional, despois de habelo tido como aplicado alumno no seminario de Mondoñedo, considérome, emporiso, atento observador e admirador da súa traxectoria vital, e asiduo lector das súas publicacións e colaboracións, obras mestras da satírica e da chispa retranqueira galega, como as que el publica no xornal Galicia Digital, e nas que, coa súa fina ironía, adoita facer de Quixote, criticando e tentando de desfacer as inxustizas que hoxe asoballan a sociedade.
Engadir algo máis ás moitas e variadas calidades e virtudes que adornan a personalidade de Xosé Manuel Carballo, postas de relevancia moitas delas polos case 200 participantes neste libro-homenaxe, é tarefa case imposible. E digo “case” porque unha das virtudes que atopei en Xosé Manuel Carballo foi, sen dúbida, o seu sentido humanista da liberdade fronte a certos convencionalismos sociais ou mesmo relixiosos, e dicir, o seu espírito libre fronte a falsos condicionamentos, moitas veces inhumanos e case sempre mal entendidos. Home verdadeiramente libre, ata o punto de que nin polo tabaco se deixaba dominar pois, segundo me contou unha vez que nos atopamos nunha rúa, en Ribadeo, e en resposta a unha pregunta miña sobre de súa dependencia do tabaco, respondeume, coa súa característica chispa, que el só fumaba cando lle daba a gaña.
Cando se oficiaron os funerais polo pasamento do compañeiro e profesor Edelmiro Bascuas, na Coruña, fai xa máis de catro anos, tan só dous dos seus exalumnos e antigos compañeiros relixiosos da diocese de Mondoñedo-Ferrol asistiron ás súas honras fúnebres. E un deles foi, precisamente, Xosé Manuel Carballo que, libre de anoxos e prexuízos sociais, honrou coa súa presenza nese acto a quen fora, ademais de antigo compañeiro, un ilustre mestre do humanismo e dos clásicos gregos. “Persoa xigantesca, cunha extraordinaria cabeza e un corazón axeitado para tanta cabeza, e de quen moitos aprendemos mais humanismo ca grego”, como o mesmo Xosé Manuel o definía nun dos seus escritos dirixidos a min mesmo. Foi o seu inviolable senso da liberdade o que o levou a honrar coa súa presenza ao seu antigo mestre e compañeiro. Valores estes que andan escasos en certos ambientes deshumanizados e fanatizados.
Salutem pluriman para quen adicou a súa vida a dar a todos ledicia e felicidade.
José María Rodríguez.

















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



