Lugo, 14 de maio de 2015.- O PSOE da provincia de Lugo denuncia que aos membros das listas electorais traballadores de Correos negóuselles, de xeito inxustificado por parte da sociedade estatal, o permiso laboral retribuído ao que teñen dereito durante a campaña como funcionarios públicos. Un permiso que lles fora concedido, ata o de agora, a todos os candidatos e suplentes proclamados polas diferentes Xuntas Electorais nos procesos de ámbito estatal, autonómico ou municipal.
Un permiso que é un dereito, que non pode limitarse ou reducirse, que ten unha duración de 15 días coincidentes co período de campaña e que debe ser integramente concedido ao funcionario ou traballador que o solicite.
Neste senso cabe lembrar que os funcionarios públicos, durante a campaña electoral teñen, os dereitos recoñecidos polo RD 421/1991, de 5 de abril , en relación co artigo 30.2 da Ley 30/1984, de 2 de agosto, de Medidas de Reforma da Función Pública. Asemade, no caso que nos ocupa, ao non considerarse a suxeición do persoal laboral da Sociedade Estatal de Correos y Telégrafos, S.A a normativa relativa aos empregados públicos, estaríase a vulnerar o artigo 37.3 do Real Decreto 1/1995, de 24 de marzo polo que se aproba o texto da Lei do Estatuto dos Traballadores. Así o traballador tería dereito “previo aviso e xustificación a ausentarse polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, comprendido o exercicio do sufraxio activo. Cando conste nunha norma legal ou convencional nun período determinado”.
Atendendo a lexislación vixente, o PSOE da provincia de Lugo ven de presentar un escrito ante a Xunta Electoral para que se dea cumprimento á lexislación electoral concedendo con elo o permiso de 15 días aos integrantes das listas afectados pola decisión de Correos. No caso contrario, a sociedade do servizo postal público estaría a incorrer nun delito electoral, xa que a que mudou foi a condición da empresa, non a dos traballadores que seguen a ser funcionarios públicos.




















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



