Ribadeo,14 de maio de 2015.- Os deputados autonómicos –Juan Carlos González Santín e José Ramón Val Alonso-, e o candidato á alcaldía de Ribadeo –Roberto Ramos-, acompañados do deputado provincial e candidato de Burela –Alfredo Llano- e a número tres da candidatura local –Aurora Gómez-, agardan que a visita de mañá do presidente da Xunta á localidade ribadense “non sexa como as que este fixo ultimamente, pois ben se podería dicir que Feijóo só veu á Mariña para ir á praia ou, como moito, a dar gastos ao seu partido, porque o que son investimentos para os cidadáns, cero de cero”, indicou Santín.
A este respecto, Val Alonso apuntou que “nos alegramos de que nos visite, aínda que tamén o podería facer non só en época electoral porque, comezando no concello de Ourol, onde moitos gandeiros despois de moitos incendios non poden sacar as vacas a pastorear e se expoñen a multas pola Lei de Montes da Xunta ou, pasando por Burela, onde o hospital segue sendo un fraude, ao igual que os accesos ao porto, ata seguir por Foz, onde a dragaxe tan prometido é unha ilusión, continuando por Barreiros, onde o 90% do saneamento do concello segue sendo deficiente, ao igual que o abastecemento de auga, e chegando a Ribadeo, onde hoxe nos atopamos, e onde ten varios compromisos incumpridos e, todo elo, circulando por un N-642, que se atopa nun estado lamentable”. Por este motivo, indicou o voceiro de Pesca, “agardamos que veña con compromisos serios, porque aquí tamén xoga un papel determinante o deputado Balseiro, quen xa dende 2009 prometeu unha morea de infraestruturas novas e, desgraciadamente, 6 anos despois, ningunha ten frutificado”.
Os socialistas fixeron estas declaracións no marco da visita realizada á residencia da terceira idade, que está a construír o organismo provincial, e que é un exemplo “das varias débedas” que a Xunta de Galicia ten tanto cos ribadenses, como cos mariñáns. Proba diso, é que a administración autonómica aínda non achegou os 500.000 euros que anunciou hai alomenos dous anos para a execución desta infraestrutura.
“A actuación da administración autonómica é moi lamentable en todo o proceso, pois sempre vai a rebufo dos feitos e doutras administracións”, destacou o alcaldable socialista. Por iso, incidiu Ramos, “espero que, por primeira vez, o presidente galego non defraude aos veciños, xa que, de non ser así, é mellor que se quede no seu despacho de San Caetano”, apuntou.
Neste senso, o alcaldable socialista indicou que “é unha mágoa ver como Xunta e Concello están nunha liorta que só prexudica os intereses de todos os Ribadendes”. “Paréceme unha falta de responsabilidade por parte do Executivo galego non asumir os compromisos que acadou, pero tamén me parece lamentable a nula capacidade de interlocución do noso alcalde para resolver o tema, e que a solución a esa falta de capacidade para xestionar coa Xunta as obrigas que lle corresponden, sexa aportar os fondos dende a entidade local. Creo que manexar así os cartos públicos, os cartos de todos nós, desta forma improvisada e lixeira é totalmente denunciable”.
Iniciativa parlamentaria
Fronte ao que os socialistas consideran “unha falta de vontade política”, a Deputación xa iniciou os traballos nos terreos cedidos pola entidade local. Está situados na rúa Francisco Lanza e supoñen un investimento de máis de 2,3 millóns de euros, dos que 1,83 son aportados pola institución luguesa e, o resto, corresponden á aportación que debería de ter realizada a Xunta de Galicia.
“O investimento do organismo provincial é case catro vez máis que o da Xunta e, sen embargo, o Sr. Feijóo mantén o seu agochado, incumprindo claramente a palabra dada. Os socialistas non nos imos a quedar calados e, por iso, anunciamos que pediremos ao Goberno galego, no Parlamento, que axilice os trámites e cumpra coa súa obriga”, informou José Ramón Val.
“Manos que no dais, qué esperáis”
E é que se se analiza a cobertura actual de residencias existente nesta comarca dende Viveiro ata Ribadeo, obsérvase que todas as vilas da Mariña quedan cubertas con xeriátricos públicos ou privados, deixando só marxinada á vila máis oriental. “Porque razón lle foi concedida unha da Xunta a Foz e non a Ribadeo se o primeiro ten menos habitantes que o segundo e ten a residencia pública máis próxima en Burela, a tan só 13 quilómetros?, preguntou o candidato á alcaldía.Isto só fai pensar, apuntou Ramos, que “o Goberno da Xunta non é igual para todos, polo que, se continúa coa súa actitude negativa, estou convencido de que os veciños saberán tomar nota deste trato, xa que manos que no dais, qué esperáis”.
Deste xeito, a residencia da terceira idade de Ribadeo é un dos claros incumprimentos do Executivo autonómico con este municipio, ao igual que o é a construción do campo de fútbol e outras infraestruturas que non só beneficiarían a esta localidade, senón a toda a comarca da Mariña. É o caso do Corredor da Costa, dos accesos ao porto de Burela ou da propia ampliación do Hospital, “da que só temos unha maqueta, que é moi bonita, pero nada máis”, concluíu o secretario Provincial.















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



