Lugo, 18 de maio de 2015.- Aberto o prazo de inscrición para 1.200 prazas en paquetes de tratamentos termais destinados a maiores de 50 anos, con descontos de ata 60 euros.
Os interesados nunha das 1.200 prazas poden inscribirse no Rexistro Xeral da Deputación presentando a documentación dispoñible en www.deputacionlugo.gal e unha fotocopia do DNI.
Só se aceptarán as inscricións realizadas polos interesados, sen delegar en Concellos ou outras entidades; os bonos que deberán recoller na Deputación tampouco se entregarán arepresentantes de Concellos, asociacións ou outras entidades
Máis información en www.deputacionlugo.gal e no 982 260 075