A Agrupación Local do PSdeG-PSOE de Foz e o noso candidato Jaime Cancio convocamos a todos os veciños de CANGAS a XUNTANZA VECIÑAL / MITIN o XOVES día 21 de Maio ás 21:00 horas no CENTRO SOCIAL, con fin de explicar o noso COMPROMISO CON OUTRA FORMA DE GOBERNAR incluído no Programa Electoral de cara as Eleccións Municipais do Concello de Foz.
Por elo, veciño de CANGAS, pedímosche que participes nesta xuntanza porque con nos TI DECIDES sobre o noso compromiso de elaboración dun proxecto urbano para o Camiño Real, da estrada de Ferreira a estrada de Ribela, xestión para o proxecto no cruce da estrada N-642 coa estrada de Ferreira LU-162 e de esta forma poderás coñecer e aclarar todas as dubidas que poidas ter sobre o noso programa da man dos veciños que forman a lista dos socialistas de Foz.
FALARÁN:
ANA ROJO EIJO, veciña de Cangas.
MANUEL RODRIGUEZ OTERO, veciño de Nois.
MARIA ANGELES VEIGA VERELA, veciña de Foz.
ISMAEL REGO GONZALEZ, ex deputado autonómico.
JAIME CANCIO RODRIGUEZ, candidato á alcaldía de Foz
Os socialistas entendemos que a participación veciñal e moi importante e necesaria porque é a mellor forma de que en CANGAS, TI DECIDES, A FORMA DE GOBERNAR PARA OS VINDEIROS CATRO ANOS.