Estrasburgo, 20 Maio 2015.- En outubro de 2010 o Parlamento Europeo votou a favor de ampliar o permiso por maternidade do mínimo de 14 ao mínimo de 20 semanas, con dereito a recibir o salario íntegro. É a Directiva 92/85/CEE, máis coñecida como “Directiva de Maternidade”.
Sen embargo, os gobernos dos Estados membros, representados no Consello Europeo –Xefes/as de Estado, Presidente da Comisión Europea e Presidente do Consello Europeo-, mantéñena bloqueada inda a día de hoxe, case cinco anos despois, polo que a propia Comisión anunciou a finais do 2014 a súa intención de retirala.
Diante desta situación, dende a Comisión de Dereitos da Muller e Igualdade de Xénero do Parlamento Europeo impulsouse unha resolución para instar aos Estados a retomar as negociacións e fixar as súas posicións, documento aprobado na mañá de hoxe polo Pleno do Parlamento Europeo con 419 votos a favor –incluído o de AGEe-, 97 en contra e 161 abstencións.
A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, amosouse positiva por este paso adiante cara o desbloqueo, xa que “as mulleres conseguimos facer deste obxectivo un obxectivo de todo o Parlamento”, máis quixo chamar a atención sobre o feito de que o bloqueo concreto desta Directiva “é tremendamente significativo porque danos unha proba clarísima do carácter estrutural do machismo nas sociedades actuais, incluída a europea, que tanto se gaba de ser defensora dos dereitos e liberdades”.
Para Senra, “estamos asistindo a como determinados Estados, gobernados por determinados partidos, están a negar á metade da súa poboación, que somos as mulleres, dereitos conqueridos a base de moitos anos de loita”.
Nunha situación de crise social e depauperamento dos dereitos laborais como a que estamos a padecer neste momento na UE, onde “o impacto dos recortes en materia social e laboral está afectando máis duramente ás mulleres”, para a eurodeputada galega a posición do Consello e da Comisión “deixa ben claro que non nos consideran traballadoras en igualdade de dereitos que os homes”.
A día de hoxe, proseguiu, “son milleiros as mulleres galegas que se vén obrigadas a decidir entre ser nais ou traballadoras fóra do fogar, non é isto acaso un síntoma claro do ‘fracaso’ dos nosos gobernos?”.
Nun sistema capitalista, onde a propia supervivencia das persoas está vinculada ao feito de obter unha remuneración periódica e estable, “o bloqueo de directivas como esta é un ataque directo a nosa soberanía como mulleres”, sentenciou a eurodeputada galega.

















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



