Foz, 20 de maio de 2015.- Este mércores pola tarde ás 20:30 horas, volvemos a ateigar de futuro o salón de Actos da Casa da Cultura coa xente nova e cos maiores que queren un futuro digno para as súas familias. Estamos preparados para o cambio en Foz.
Vamos a cambiar a vella política de enfrontamentos dos partidos de sempre sedentos de poder, estamos cansados da denuncia sistemática polo mero feito de militar nun partido contrario. Apelamos á decencia imprescindible nestes tempos.
Vamos acabar coa vella política de candidatos que ofertan sin ningún tipo de pudor outra forma de gobernar Foz logo de 30 anos ocupando todos cantos cargos hai na administración pública galega. E porque non hai máis.
Vemos que dende hai quince días acórdase de facer xuntanzas veciñais na que OS VECIÑOS presuntamente deciden. É tarde, había que acordarse dos VECIÑOS daquela cando negociaba a espaldas deles unha coalición de intereses coas élites de Lugo.
A alternativa da coherencia de “Foz, Plataforma de Futuro” é unha iniciativa de pobo aberta á participación de todos na que os seus seguidores deciden o rumbo. Cada formación política se debe ás súas élites, as nosas son os veciños as dos demais todo o mundo o sabe xa.
A esperanza de cambio real e coherente ven da man doutra xeración de mozos e mozas que van dignificar a política e abrir o Concello de Foz á xente. Cunha media de 37 anos de idade, comprometidos, con criterio propio e aguerridos defensores da identidade do noso pobo e as nosas tradicións.
O FUTURO DE FOZ NON SE DECIDE EN MESAS CAMILLA DE LUZ TENUE, DECÍDESE EN FOZ COA XENTE VOTANDO.
Está xeración merece a oportunidade de gobernar Foz e vamos a conseguilo!
—————————————————————————————————————-
Próximos ENCONTROS VECIÑAIS de “Foz, Plataforma de Futuro”:
-XOVES 21 ÁS 20:30 DA TARDE, ACTO PÚBLICO NA ANTIGUA ESCOLA DE FAZOURO
-VENRES 22 ÁS 20:30 DA TARDE, ACTO PÚBLICO PECHE DE CAMPAÑA, NO CENTRO SOCIAL DE SANTA CECILIA


















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



