Eusebio A. Fernández.- Levo tempo dándolle voltas á idea de escribir este artigo. Decidinme ó comprobar que a miña opinión é compartida por moitos veciños de Viveiro, e deles, moitos que nalgún momento votamos ó PP.
Hai varias cuestións que chaman a anteción e incluso son inquietantes da situación do PP en Viveiro. Primeira: Nunha sociedade moderna na que a igualdade de xénero debe ser indiscutible, resulta que a lista electoral dos populares non é cremalleira, é dicir, non respecta a alternancia de mulleres e homes. Encabezan a candidatura tres homes. ¿Tenlle o PP tanto medo ás urnas, que xa nin conta con sacar máis de tres concelleiros? Así colocaría aos tres homes que encabezan a lista, discriminando ás tres mulleres que lles seguen. Ou, ¿non cre na capacidade das mulleres para gobernar? Un non sabe qué pensar porque, coincida ou non coas súas ideas, é lamentable que uns dos voceiros municipais do PP, actual deputado nacional se refira á alcaldesa de Viveiro como floreiro municipal, un apelativo que comenzou desafortunadamente o Presidente da Xunta na súa visita ó noso concello. Mentres as urnas non decidan o contrario, a hoxe alcaldesa é a representante de todos os viveirenses, e merece respecto institucional, nin insultos, nin descualificacións, e moito menos referidos á súa condición de muller.
Segunda cuestión. A persoa que sempre mandou no PP, agora dende Bulgaria, regresa a Viveiro en plena campaña electoral. ¿Ten que vir para tomar as decisións? ¿Teñen que esperar por el para facelo? Dá a sensación de que aquí, ou ben non están capacitados, ou ben non teñen liberdade, polo menos a suficiente, como para actuar por si mesmos. Vamos, homes de palla. O caso é que a candidatura que deixou composta o que marchou para Bulgaria, e que agora dende alí denuncia a todo o mundo, por dicilo dalgunha maneira suave, defraudou, desgusta a moitos en Viveiro, porque non representa á cidadanía. Mesmo corre por aí a teoría de que o de Bulgaria colocou esta lista adrede, para que non sexa el o que pase á historia por obter os peores resultados electorais do PP en Viveiro.
Terceira cuestión: ¿Renovación? Ningunha. O número tres leva practicamente toda a vida nisto e nunca foi tan arriba na lista, nin sequera nos seus mellores tempos.
Un capítulo aparte sobre a situación do PP de Viveiro meréceo Jaime de Olano, voceiro municipal e deputado no Congreso. Se un consulta os datos na web do Congreso -oficiais e públicos-, comproba que este señor percibiu dende o inicio da actual lexislatura do PP no Goberno central preto de 247.000 euros por 56 iniciativas e intervencións no Parlamento. É dicir, cobrou máis de 4.400 euros por intervención (máis de 700.000 das antigas pesetas). Sae caro. Sobre todo porque só catro iniciativas tiveron que ver coa Mariña. Nin unha soa con Viveiro.
Tamén é certo que De Olano pisa moi pouco A Mariña e Viveiro. Anda máis por Madrid, onde ten unha vivenda. Iso si, aínda tendo un piso na capital de España, cobra das Cortes Xerais un plus de máis de 1.800 euros ó mes por “indemnización por aloxamento”. ¿Legal? Si. ¿Ético? Xulguen vostedes. Para min, non.
Pisa pouco Viveiro si, e cando o fai non é para actuar como lle corresponde ao cargo que ocupa. Perde os papeis. Chama á alcaldesa, nunha total falta de respecto institucional e á igualdade de xénero, floreiro municipal. Á saída do último Pleno do Concello, segundo testemuñas que se atopaban na Praza, encarouse a insulto limpo cun cidadán de Viveiro e mesmo, din, a cousa estivo a punto de pasar a maiores. E por se fora pouco, este deputado, que, como todos os representantes políticos, deben ser modelos na súa actuación pública e privada, abriu un despacho na cidade do que, presuntamente, non hai constancia de licenza de apertura.
En conclusión, no PP de Viveiro non cambiou absolutamente nada dende hai décadas. A persoa que move os fíos, móveos agora dende Bulgaria. Aquí, homes de palla.
Eusebio A. Fernández





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



