Nesta campaña porta a porta por todo o concello que estamos a facer en Xove, uns veciños comentáronme que o candidato do PP anda a dicir que algúns dos que se presentan cos nacionalistas unicamente figuran na lista para “adornar”. Unha vez máis agromou a ausencia absoluta de respecto polo rival dun rexedor ao que se lle quenta a boca con demasiada facilidade.
O certo é que o clima político no noso Concello é mellor ca hai uns anos. Claro que é mellor. Pero iso só é porque dous non pelexan se un non quere. E ese que non quere entrar en liortas de patio de colexio, son eu. Eu non entrei ao debate cando me chamou “pallaso de circo”. Calei a boca cando dixo de min que era un “personaxe” e un “ninguén”. Tampouco lle devolvín o insulto cando el me chamou “ser desprezable” e “parásito”. Algo semellante xa aconteceu hai oito anos, cando lle dirixiu fermosos epítetos como “vello”, “caimán” ou “ladrón” ao anterior alcalde, chegando incluso a vérense as caras no xulgado. Todo isto atópase nas hemerotecas dos xornais da Mariña.
Tampouco dixen nada cando unha xornalista, despois de eu terlle adiantado o esquema da miña argumentación para un pleno sobre o orzamento municipal, lle facilitou esta información ao alcalde. Foi o único debate onde me resultou difícil rebater os seus argumentos, pero decateime de que algo raro pasaba porque parecía saber todo o que eu ía dicir, como se me lera o pensamento. Despois, ao final, el recoñeceume que tiña o meu guión no seu poder e confesoume quen llo pasara. Iso non ten nome. E ningunha ética periodística.
Tamén agora, en plena campaña electoral, os populares xovenses pasaron por encima dun acordo plenario aprobado por unanimidade no ano 2011 que foi respectado por todos os grupos políticos en todas as convocatorias electorais até o de agora. Trátase dunha iniciativa do grupo municipal nacionalista coa que pretendemos evitar a pegada indiscriminada de carteis electorais. Para isto, a propia Administración municipal habilita uns paneis ou taboleiros por todas as parroquias onde se pode fixar a propaganda de xeito ordenado e co que se dá unha imaxe moderna e civilizada de Xove. Con todo, o PP volveunos demostrar que son incapaces de cumprir incluso as normas ratificadas por eles mesmos, como se tiveran unha especie de fallo neuronal que lles impide lembrarse do que aprobaron meses antes. Igualiño que os peixes, que seica só teñen tres segundos de memoria.
Marco López
(Candidato BNG-Asembleas Abertas de Xove)
21/V/2015



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



